Acusar tampouco é a palabra, pero hai tamén un franquismo literario que moitas veces se explica con poucas palabras. Apenas unha frase, unha definición: Fulano foi poeta falanxista; Mengano escribiu panexíricos ao caudillo; Zutano foi censor, delator e adulador camisazul. Nunca somos capaces de, coma nos casos anteriores, seguir o rastro cotián, por entre os xornais daquelas épocas, e comprobar conferencia acá, premio alá, acto acolá. Na radio, no círculo, no paraninfo. Os temas do romanceiro castelán, os heroes medievais, a rexa virilidade de guerreiros e emperadores, a mística de sanjuan, a devoción do martiroloxio.
Podemos esquecer, pronunciar un xafoi a distancia, evitar a denuncia a destempo. Claro que podemos esquecer. Que xa é moito para quen non tivo eses luxos, esas fanfarrias de clarín e patio de bandeiras.
Pero non me veñan tampouco con santidades arrepentidas nin conmemoracións deliberadamente amnésicas.
1 commento:
Para entender a vida cotiá durante o franquismo hai dous volumes extraordinarios de Juan Eslava Galán: "Los años del miedo" e "De la alpargata al seiscientos", ademais do seu "Una historia de la guerra civil que no va a gustar a nadie".
Posta un commento