Estivo tocando en casa o outro día. Acompañeino timidisimamente á guitarra porque el ten talento para sobrarse só inventando marabillosas cancións ou remedando con especial intelixencia uns subterranean homesick blues tremendos. Anda de pub en pub amosando a única forma de respirar que sabe, a de rasgar unha guitarra acústica con vehemencia e ao tempo cantar coa enerxía de comerse medio mundo en cada actuación. Ten un pequeno espazo no universo virtual, onde aínda homenaxea aos seus antigos colegas de grupo e onde exhibe efervescencia incontible. Música en ebullición admirable que merece ser escoitada.
No Havana 20 o sábado pasado. Estaremos atentos, Henry, ás túas vindeiras explosións.
1 commento:
Es un gusto hacer notar a alguien lo que yo noto al tocar.Lo he tomado como la mejor expresion,la mejor forma de hacer llegar a los demas una sensacion,o un sentimiento o un grito de alegria.gracias
Posta un commento