Fun a Santiago onte e antonte a dar aulas. Atopei a colegas consternados pola morte dunha querida profesora, muller ademáis dun moi querido colega que tamén traballa na facultade. Un día o xoves de loito e moita tristeza. Rematei as clases ese día e agardei por que me levaran de volta para Vigo. Mentres agardaba no aparcamento baixo un sol que quería ser inutilmente cálido, falei cun vello amigo destes amargos tragos, en vindeiros anos cada vez máis frecuentes. Eu miraba, debaixo dos meus óculos escuros, o horizonte dese edificio de cristal e corredores brancos, con siluetas que ían e viñan dun despacho a outro, dunha aula a outra. Soaban palabras como morte, despedida, dor, tempo. Non son quen de lembrar agora de que ou de quen falamos. Recordo todo coma unha suma de vocablos de inverno.
Tamén recordo que á volta resplandecía a lámina da ría de Vigo como nunca.
Ilustración: fotografía de Fiz GG, do seu espléndido blog: http://fizgomez.blogspot.com/.
1 commento:
E quen foi, logo?
Posta un commento