Tívose por perdida durante séculos unha Execración quevediana contra os xudeus (cuxa lectura produce en min noxo infinito) ata que foi atopada en 1992 na biblioteca coruñesa do Consulado. Pois ben, a amiga María José Alonso, incansable, acaba de atopar outra copia (que difire da coruñesa en case medio millar de variantes e da que dá conta nun artigo da revista Criticón que, como ten case inmediata saída interneteira, poderemos ler de forma doada dentro de pouco), na biblioteca da Real Colexiata de Roncesvalles.
Noraboa a esta querida amiga por esta feliz descuberta que convén anunciar e proclamar como se debe.
2 commenti:
Meu Deus, o asunto dos xudeus non ten fin, é inesgotable, ven sendo, xa que logo, algo así como o suplicio de Sísifo ou o de Tántalo.
O problema é cando o desacougo se instala na cerna dun mesmo, e non hai por qué.
Sobreviviremos, así e todo.
Estupendo, había oído algo, pero MJ Alonso no me lo había dicho. Quisiera subrayar que, me parece evidente, aparecerán más. Es un resultado del trabajo e investigación de campo.
Posta un commento