Fago un alto na eséxese de memoriais e espadas por santiago e aproveito o aturdimento causado pola segadora do colexio de ao lado, para preguntarme eu, sen malicia ningunha, que foi daqueles alcaldes da costa da morte que un día xa moi lonxano (poñamos un mes) saían cara a cadea disque imputados. E boto unha ollada polo interné adiante por se atopo algo. E vexo: unha congregación no xulgado con belisco nas fazulas dun edil, unha cea (multitudinaria) de homenaxe, un presidente da deputación que avala ataquesepronuncieaxustiza, un depósito de fianza de 30000 euros, un abrazo nunha xuntanza da mancomunidade que agora preside un deles, un detido hoxe, dos que xa estaban procesados antes, por tráfico de drogas e anuncios de recuncamento electoral.
Xa me preguntaba eu tamén, cando por fin deixou de traballar a maquiniña da herba, por aquela trama de hai un par de anos en Valencia con ponlas galaicas, pero para min que iso xa era demasiada prehistoria para lembralo.
Nessun commento:
Posta un commento