Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 marzo 2011

PREOCUPADO POLO MEU AMIGO


Estou preocupado. Nono agardaba del. Hoxe confesoume que estaba escandalizado. El. El, que nunca se escandaliza por nada, que ten explicación para case todo, que comprende a fraxilidade da alma humana. El, que non é maquiavélico, pero exerce, hoxe estaba escandalizado. A causa: o noxento (palabra súa) espectáculo montado nos medios de comunicación co gallo (cantos gallos había na lingua galega dos setenta!) das eleccións en Vigo. Este amigo querido quedaba estupefacto diante do gasto en publicidade en prensa de alcaldía, tenencia de alcaldía (menos) e autoridade portuaria (doume o pracer de rebaixalos a minúsculas) coa axudiña de deputación de pontevedra. Pero aínda máis pampo ficaba cando miraba as novas nos xornais, asinadas nalgúns casos por atrevidos xornalistas (os tomwolfes e as orianafallacis da urbe olívica), noutras, por precaución, por unha cousa chamada redacción, onde substitúen sen mínimo pudor deontolóxico a información e a crónica polo ditirambo ou polo vituperio. La Voz e o Atlántico Diario, inclinados a pensar e dicir por terra, mar e aire que Caballero é o lado escuro da cidade e Corina Porro, o luminoso; e o Faro de Vigo, nesa condición de folla comercial ou mercantil que o caracteriza, cunha vela na praza da Estrela e outra na do Rei. Todos en xusta correspondencia coa natureza das páxinas publicitarias que neles se inclúen.
O Hibitane Forte que comprou o meu amigo na farmacia uns minutos despois non sei se lle dará para calmar a irritación. Estou preocupado.

3 commenti:

lorenzopastranacastro ha detto...

Como non vai estar preocupado o seu amigo. Estamos todos. Hai cousas que teñen un pase, pero outras (as de agora) pásanse.

O hibitane non lle vai facer nada. Precisa de Lidocaina para anestesiar os sentidos ata que pasen as eleccións

Pablo Eifonso ha detto...
Questo commento è stato eliminato dall'autore.
Pablo Eifonso ha detto...

antídoto para non asustarse: a información Todo o que querías saber sobre a publicidade no Concello de Vigo e non ousabas preguntar.
Compra de medios para un trato preferente? financiamento ilegal do PSOE-BNG-PP vigués?
Vós mesmos.
Saúdos
Pablo Eifonso-Vigoblog