Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 maggio 2007

A CURUXA

Acostumamos xantar os domingos fóra. Hoxe tocou A Curuxa, na rúa Cesteiros, un restaurante moi acolledor do casco vello vigués. É ben famoso e con moita razón. Porque á simpatía dos donos e dos camareiros, convén engadir unha comida ben preparada, gorentosa e non moi cara. Hai para os/as cativos/as, escasamente dados/a á jalancia, un polo con mollo de curry, marca da casa que solventa o problema. Pero as cazolas de ameixas con belotes e algas ou de shittake (un cogumelo xaponés) con fideos son sublimes. O viño non é nada caro (un Viñaredo valdeorrés de primeira) e os postres (caniñas frescas e flan-mousse de chiculate) é delicioso. O café, para variar, é dos millores de Vigo e, ademáis, teñen a gala facelo con xeito e moito cuidado. Estes días, ademáis, andan cunha iniciativa completamente exitosa: un premio á mellor tapa do casco vello. Participan outros bares e restaurantes da zona e, segundo confesou o entusiasta Moncho, medio dono do Curuxa, o éxito é insólito xa que acaban con todas existencias e enchen as ruelas do casco vello de xente coma nunca. Unha noraboa moi sinceira para eles. Sirva este comentario de recomendación moi merecida.

3 commenti:

Nuca ha detto...

Acredito e suscribo a valoración despois de experimentar en varias ocasións a casa

Anonimo ha detto...

Pois eu xantei en casa unha comida ben sinxela pero moi gustosa: escalopes empanados con patacas ao forno adubadas con allo e perixel, acompañados dunha copiosa ensalada de tomate, zenoura, mazá e olivas verdes, aderezada con vinagre de Módena e aceite de oliva virxe extra, e regados cun Rioja de crianza. De poste, dúas cumpridas bolas de xeado sabor crema catalana de "La Lechera". Finalmente, café recén feito cun leve punto de canela.

Xa sabe a miña teoría sobre os restaurantes: gusto deles mais non dos seus prezos.

Anonimo ha detto...

Abráiame que usen shittake. Nós mercámolas con certa frecuencia e son deliciosas.