Caxigalines nella Reguera'l Campizu

29 maggio 2007

TEATRO VIVO

Hoxe asistín á representación de dúas obras de teatro: O enfermo 4m e Soñar non custa nada. Trátase de dúas pezas curtas de corte fantástico, levadas ás táboas cun labor artesanal, cun decorado sinxelo e naif e un atrezzo sen dúbida espontáneo. O argumento de ambas obras é o de menos, porque os diálogos resoan co entusiasmo necesario entre os espectadores. Os actores e actrices, promesas do teatro galego, puxeron a súa memoria a proba e os seus acenos á improvisación e ó capricho do seu xenio. Os silencios entre intervención e intervención eran escoitados cun respecto case familiar polo público, entregado á súa dedicación e cariño ao teatro. Aínda que a dirección foi frouxa (ou case inexistente), a forza das súas verbas encheu o taboado. A música, por nula (debido ao descuido proverbial da directora), era de agradecer, xa que a acústica do local non era a máis indicada. Con todo, o tempo fíxose curto e os actores e actrices saíron a saúdar varias veces, entre o regocixo e a ledicia dos espectadores, abraiados de que da nada máis absoluta foran quen de entregar a súa alma á literatura. Louvadas sexan esas creaturas que aínda enriquecen a arte antiga do teatro.

4 commenti:

besbe ha detto...

lembráchesme a cando era máis nova e facía cousas desas, sempre son boas experiencias.

Anonimo ha detto...

Caroline Lights apuntando alto alto.

R.R. ha detto...

¡Xente que aínda fai teatro, pese á AGADIC/IGAEM, á Consellería, á Xunta, ó país e ó mundo!... ¡¡qué juevos!!

Noraboas para CarolainLáits. O nome promete para futura diva (do cine, espero, polo ben da súa economía persoal/familiar)

Un abrazo.

R.R. ha detto...

Non reparara no título do post: teatro VIVO. Ten un puntiño de malña hostia...