Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 maggio 2007

UN POUCO DE ITALIA

Andrea Rivera, un dos presentadores do festival de Primeiro de Maio en Roma dixo o seguinte:
"O Papa di que non cre no evolucionismo. Estou dacordo: de feito, a Igrexa non evolucionou. Non soporto que o Vaticano rexeitara os funerais de Welby (o home ao que desconectaron da máquina que lle permitía vivir). Sen embargo, o Vaticano estivo nos de Pinochet, Franco e nun da banda da Magliana. É millor así, porque ao lado de Xesús non morreron dous de escelerose lateral amiotrófica: eran dous ladróns". Ao parecer, rematou comentando que a Igrexa na que el se recoñece é a de san Francisco.

O sorprendente chegou despois coas opinións dos dirixentes dos sindicatos, organizadores do festival: o da UiL: "Son declaracións estúpidas, que non comparto; nun pais cívico a libertade relixiosa e da Igrexa é tan importante coma a política e a sindical". O da Cisl: "O concerto do primeiro maio non é o lugar máis axeitado para facer política e marcar divisións. Senón é momento para a tolerancia e a convivencia. Se Rivera (o presentador) tomou algún grolo de máis, faría ben en se dar unha ducha fría. O da Cgil: "Son frases inoportunas, máis nunha xornada coma esta".

Así están as cousas Igrexa-Sociedade italiana a primeiro de maio de 2007.

[Francisco Rizi, Auto de fe na Praza Maior de Madrid, 1683]

2 commenti:

torredebabel ha detto...

poucas cousas atrasan mais que alguns aspectos (a meirande parte deles) da igrexa católica. De todos os xeitos, pior é ainda en América Latina onde, por exemplo falando da Arxentina, o Estado paga 7 veces o que unha familia necesita para vivir ao mes a cada un dos obispos.

Ana Bande ha detto...

Se e iglesia comezase a relatar os seus pecados a confesión había durar máis aló do Xuízo Final.