Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 luglio 2007

CHUVIA E NOSTALXIA DIVERTIDA

Non parei durante toda a fin de semana de proclamar o frío que facía. Insólito. Nunca vira. Na miña vida. Chegou a cansar tanta ledaíña, pero o certo é que non fun preparado para cambiar tan bruscamente de estación. Fun ao concerto de Marta Sánchez o sábado: non podo dicir se foi bó. Moita parafernalia, bailes ximnásticos tipo Madonna, poderío vocal intacto. Pero as cancións, miña madriña! Onde foi buscalas? Mentres cantaba, unha xiada doutra época caía polos ombreiros ata paralizalos. Fomos para casa entre a friaxe e adeus festa a eso das dúas. O domingo choveu de principio ao fin. Coma se non chovera nunca antes. Unha vila en festas sen festas: aínda conservo as fichas dos coches de choque. Os chatas desmontaron a mediodía. Pola noite, Tour Grease suspendido por mor da chuvia; menos mal, que a comisión de festas andivo espelida e programouna no cine-teatro. E alí que fomos, despois de agardarmos baixo o diluvio. O espectáculo, moi entretido. As rapazas (os rapaces non saben) pasarono de medo, "cantando e bailando sen parar de reír". Unha festa completa para eles: noraboa para os programadores e para os que puideron facer o cambio a última hora. Un pouco de nostalxia si que houbo: o meu irmán, que vira nese mesmo cine a peli de Travolta, medio choraba entre risas nos ombreiros do alcalde (caeume ben: non o coñecía de nada). Nunca vira eu a un alcalde nise trance. Ao meu irmán, moitas veces. Pasámolo moi ben, pero hoxe teño a gorxa empañada.

11 commenti:

Anonimo ha detto...

PA LA GORXA EMPA�ADA CHUPAR UNA LIZIPAINA .............

Ana Bande ha detto...

Da gusto ver o ben que o pasa vostede, ¡apertas!

Marcos Valcárcel López ha detto...

Co Tour Grease quizais aínda me atrevese, pero co de Marta Sánchez non creo que tivese tanto valor... Aínda que para pasalo ben, tanto ten!!

Suso Lista ha detto...

Pois con todo eso e ca choiva, eu tam�n disfrutar�a. A min aos 17 chamabanme Taravolta, si Taravolta. Saludos de novo.

Anonimo ha detto...

Pois eu tamén vin o musical ese de Grease e merqueille as fillas o cd coas cancións (onte tiven que arrincalas da casa, a elas e a dúas amigas, que non pararon de cantar e bailar en todo o día ao son do disco). Acábanme de pasar un dvd co karaoke con todas as canción orixinais (en inglés, este é para o pai) con tódalas posibilidades posibles (cantar só, cantar acompañando a Dany Sucko e/ou a Sandy!) e non podo soportar o sindiós de non estar na casa para cantar e bailar.
Eu tamén lle vin (será casualidade?) a Marta Sánchez. Tiven a sorte de coñecer e tratar a súa irmá, Paz (STTL), unha belísima persoa que estaba namorada da súa irmá (como é preceptivo nos ben nacidos) e da súa música. Eu nunca lle prestara moita atención a Marta (máis aló do obvio) pero aos poucos, por cariño a Paz e por complacela, comecei seguirlle a pista ("hoy sale mi hermana en tal gala", "la semana que viene sale una entrevista en el Mundo", "te voy a pasar un disco con las canciones nuevas"...). Iso si, inda que o faría só por Paz, teño que admitir que non me desagradaba nin me desagrada nada vela e escoitala, e que o fago con moito gusto sempre que podo. O outro día no concerto non puiden afastar de min nin un só momento a imaxe de Paz falándome da súa irmá. Unha sensación moi triste pero tamén dalgún xeito agradable porque a puiden ver unha vez máis. Difícil de explicar. Qué putada. Mecagoentodo.
E para rematar con ledicia, unha anécdota: segundo esta Paz, ela e Marta, cando pequenas, eran fans absolutas de Grease(quén non?), e cantaban e bailaban as cancións da peli diante dos espellos da casa. Cando eu a coñecín lembraba as letras de todas e cada unha delas e inda lle metimos uns gorgoritos a algún estribillo á porta da EOI ao sairmos de clase.
Son cousas da vida e apetecíame compartilas con vós. Que teñamos un bo día.

CARPE DIEM ha detto...

Debeu de ser unha empapada criminal xa que oigo todo iso.
Deberías merca-lo libro é unha experiencia nova xa que queres saber quen é a túa princesiña.

Lula Fortune ha detto...

Pois eu tamén gosto de Travolta, con esa cinturiña e eses movementos pélvicos...e por descontado que me sei as cancións de Grease.Un bico.

Anonimo ha detto...

Dona Ana Bande: a ver se temos tempo para botar a parrafada antes de marcharmos de vacacións.
Marcos: a mín Marta Sánchez tampouco é que me entusiasme, pero ben sabe, festas, noite de verán, fillas que atendermos (e que despois protestan, como é o seu oficio). En todo caso, o importante é pasalo ben, aínda que ter os pes quentes non é mal propósito e a noite non foi propicia.
Amigo Suso Lista: eu non lle son antichuvieiras, pero o deste ano ten que recoñecer que non é moi normal. Os que pasamos moitos veráns no Cantábrico astur estamos afeitos a estas cousas, pero facía tempo que non viamos algo semellante.
De la Highway: as miñas tamén mercaron o disco. Eu caín na tentación despois de ver os (máis ben as) cantantes. De perto non eran tanto, pero no esceario, con aquelas voces tremendas e aqueles movementos... En fin, para que contar. O recordo da irmá de Marta Sánchez, STTL, é ben fermoso.
coma se ao casino dun pobo chegar a Carolina Otero.
Carpe diem: que fermoso blog ten vostede, pero dame que é ben cativa e ben espelida para a súa idade.
Lula Fortune: a miña amada xa me di que teño eu o queixo bipartito coma o de Travolta. Agora ben: hei dicir tamén que eu consérvome (o exterior, ollo) mellor ca el. Je, je.

Anonimo ha detto...

E todo iso fíxoo vostede polas fillas? ;)

Anonimo ha detto...

Pois o de Marta Sánchez si porque querían saír, pero despois de sete cancións xa pedían voltar para casa. O de Grease, non. Aí fun eu con toda intención. Elas, que saben as cancións de cabo a rabo, non puxeron tampouco moita oposición, máis ben todo o contrario.

Nuca ha detto...

Seica vai de musicais...Eu o domingo levei a miña filla a ver Fama El musical. Pareceume antes de empezar un chisco caro carísimo (40€ por testa) pero o rematar din por ben empregados os 80 ouros