Onte foi o segundo día de praia. O primeiro acabou, por mor dun nordés insoportable, tras as xunqueiras de Patos, cunha cervexa nas mans e o sol aloumiñando o careto. Onte tamén foi en Patos (coma case sempre desde hai anos), co pano teatral das Cíes ao fondo e unha nortada lixeira. Niki (por Vigo din polo) por se acaso e paseo pola beira do mar, baixa a maré. A auga tocada cos pés, moi recelosos. Iremos hoxe tamén, brancuxiños e adobados ata as cellas con protección mil. Mágoa de wifi na area.
Fotografía de J. Albertos, coma sempre, de: www.vigoenfotos.com
4 commenti:
¡Que ben vivimos! ¿Güifi na praia? A quen se lle conte. Na praia, unllas (para rañar as bolas). Ou un libro do que non se teña medo a enchelo de areas.
Tome nota do que lle di o prezado RR. Protección mil aínda será pouco con este sol asasino que case me deixa sen pernas, déixese de guiffis e adíquese a mirar michelíns, zafarse de coñecidos e tomar nota das derradeiras tendencias de tanga que é o que toca na praia. Apertas!!!
Cambiei Patos por Coroso. Moito máis tranquila esta última. A pasalo ben!
Aí, dándonos envexa aos esforzados currantes das tardes de verán. É curioso o dos libros na praia; por moito coidado que teñas sempre acaban entrando areas, e o libro faise moito mais groso. Os libros engordan no verán
Posta un commento