Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 novembre 2007

TOM WAITS


As mañáns de sábado sempre foron para escoitar música na lentísima e morna demora antes de facer a comida ou de xantar. Nesas horas mestúranse sons procedentes do que sexa, case ao arbitrio de cada minuto. Hoxe deume por Tom Waits, a quen había tempo que non escoitaba. A súa voz chea de bourbon e trombón de varas aparece como deitada ao longo dun canellón escuro e suxo. Pero ascende suavemente polas escaleiras de ferro que están detrás da miña casa, coa forza dunha tormenta queda, dun vendaval visto tras as fiestras dun vagón de metro, lento, lento, camiño da nada. E a música pousa paseniña no meu xionllo que move co bebop o meu pe sobre o frío chan desta casa hoxe chea tamén de Bourbon, por suposto sen xeo.


Nota: un amigo ex-concursante recomendoume http://www.radioblogclub.com/ e alí escoito estas marabillas que encenden este corazón un pouco malferido.

5 commenti:

Anonimo ha detto...

Coñezo eu a un tipo interesante que ten un aire a Tom Waits. Na perilliña, non na voz augardentosa, e ademais é máis guapo e máis novo.

Anonimo ha detto...

A m�m ped�ronme que tocara unha de Tom Waits nunha cea de amigos o outro d�a.Aparec�u unha guitarra non s�i c�mo.Eu non a sab�a,pero cant�una outro amigo i eu acompa�ino deseguida � notar que era un "twelve",un blues.Cando v�n o post de Arume,pens�i:"Vaia coincidencia".

Ana Bande ha detto...

Vaia, pois será os días das coincidencias, íalle recomendar tamén a páxina de radioblogclub que ademáis déixalle poñer música ao post. Ahhh! Tom Waits, gústame como canta, os seus zapatatos, as pelis de Jim Jarmush, con T.W., sempre soa na miña cocina, cando me vou para a ducha lévoo canda min, sube para o cuvi conmigo tódalas tardes e devezo por saír do traballo para coller o coche polas noites e prender outra vez o CD, é o único que consigue que non baixe cara Vigo a toda velocidade porque quero que dure moito a viaxe...

Anonimo ha detto...

Xa tiña ganas de que chovera.
Pecho os ollos e entro no bareto infame. Os parroquianos,desbibuxados polo fume dos cigarros , móvense con lentitude ou están inmóveis nos seus asentos. Póñome a carón dun home terrible, de brazos tatuados e ollos asulagados de bourbon. Podo sentir o cheiro das súas feridas na musica que nos envolve a todos, como en un sono.
Cando termina a canción, miro ao meu lado e somentes hai un vaso valeiro e un dolar de prata enriba da barra.
Collo o dolar e vou cara máquina da música. Hoxe vou quedar aquí todo o día, Arumes.

Anonimo ha detto...

É bo este Tom Waits, pero... alguén sabe qué é o que agarda este home?