Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 novembre 2007

CÓMICOS, CÓMICAS




A morte de Fernando Fernán-Gómez e a asistencia ao velorio de actores como López Vázquez ou Manuel Alexandre que forman parte fundamental da miña formación sentimental, trouxo a mín o catálogo das vellas facianas que foron construindo ese espacio mítico do mundo dos cómicos desde pequeno. Comecei polo propio López Vázquez, que aínda vemos aterrorizado nunha cabina, pero que aparece na miña memoria nas mellores películas do cinema español: Plácido, El verdugo, Vivan los novios, Mi querida señorita, ou naquel inesquecible padriño de La gran familia ou no lobishome en El bosque del lobo, entre nada menos que 250 películas, en máis de cincuenta anos de traballo. Manuel Alexandre, segundo os datos biográficos, leva no cine desde o ano 1947, ou sexa 60 anos na profesión e seguro que hase despedir ou nos escearios ou nun plató de cine ou de televisión. Hai pouco abandonou o teatro para sempre Agustín González, outra lenda incomparable, e a incombustible Aurora Bautista: os dous nas propias táboas, mentres preparaban unha obra para representaren. Rafaela Aparicio, Pepe Isbert, Elvira Quintillá, Ismael Merlo, José María Rodero, Juan Diego, Pepe Sacristán, Carlos Larrañaga, Irene Gutiérrez Caba, Luis Varela (a quen lle deron o premio aínda hai pouco), Jaime Blanch, José Bódalo, Adolfo Marsillach ou a grande Lola Herrera. Eu que sei cantos máis, de estirpes de cómicos moitos deles, coma nunha roda imparable. Vaia esta entrada 280 como homenaxe especial para esta caste que engarza xeneración con xeneración co primeiro que se puxo a imitar alá nas cavernas para felicidade e pracer dos que miraban e escoitaban. Vaia pois para os comediantes que nunca deixaron nin deixan de honrar á súa especie.

Ilustración: Pablo de Valladolid, representante do século XVII, nun cadro de Velázquez, admirado e imitado por Manet en Pífano.

5 commenti:

Peke ha detto...

Ouh! Troxéchesme á memoria tantos estudios abertos que tragaba na tele ne branco e negro da casa, a primeira que houbo. Son maior ca ti, pero vexo que compartimos vivencias da caixa tola.

arume dos piñeiros ha detto...

Moitos estudios 1 (o de estudio aberto era o de Íñigo, se non recordo mal eu) papamos: era a única alegría (e mira que vimos obras hoxe infumables) que tiñamos. Eu cando vexo a Luis Varela en Cámara Café (que non vexo case nada ou nada, pero ao facer zapping míroo) vaiseme a memoria cara aqueles anos e aínda o recordo facendo sempre de gracioso.

occam ha detto...

En pijama diante dun ovo frito con patacas e dunha telefunken de madeira con dous diais redondos o lado dereito. Así o lembro eu

De la Highway 61 ha detto...

Jaime Blanch.

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Si, de la Highway, Jaime Blanch. Que actor! que galanura! Cos dentes sempre apretados a punto de soltar o verso máis sublime da literatura española e, como sempre, cagándoa. Pero que entrañable resulta despois de tantos anos!