Caxigalines nella Reguera'l Campizu

27 novembre 2007

LEMBRANZA DA FELICIDADE

Esta foto fermosísima, que forma parte dunha antoloxía exposta en Roma estes días, tráeme lembranzas do que nunca será.
Nostalxia do mar Tirreno, cálido e luminoso.

6 commenti:

marcos valcarcel ha detto...

A foto é preciosa, de película neorrealista italiana. Aínda que tamén podían ser uns rapaces dos anos 50 en Auria, baixo a Ponte Vella e á beira do Miño, ou na Pena de Francia dende onde se botaban os que nadaban mellor.

bouzafria ha detto...

Bonita foto, si.
A miña nostalxia da felicidade ficou nas lembranzas de ter o corpo mergullado na auga transparente e quentiña da praia de Es Trenc en Mallorca.

Xohan da Coba ha detto...

A mín tráeme lembranzas do río da infanza.Xogábamos a tirar unha enorme roda de tractor ,non séi de onde saíra,desde a ponte.Logo recuperábamola,buceando e rodándoa polo fondo,a uns catro metros de profundidade, hasta sacala pra volver a tirala unha e outra vez.

besbe ha detto...

Non se me poña morriñoso!

arume dos piñeiros ha detto...

Non, de morriña nada. O que pasa é que a auga morna do mediterráneo permite estes excesos e estar botado todo o día dentro dela. E o tempo, o de estar así ao sol, espido, sen toalla case, a carón da auga. A foto, en todo caso, é unha marabilla: desas que fican na memoria para sempre.

torredebabel ha detto...

que ledicia, que potencia teñen as lembranzas que non serán xamais...