Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 novembre 2007

VIAXE A NINGURES


Comezo as clases, nunha das miñas materias e a modo de presentación, coa proxección da película Viaje a ninguna parte. Non polo título en forma de advertencia, senón por render homenaxe a tantas cousas que deben ser honradas. Aos cómicos ambulantes, da legua, dell'arte, que van de vila en aldea, de aldea en cidade, amosando o poder absoluto da palabra. Aos actores e ás actrices que encarnan no século XX a todos os comediantes da historia (Sacristán, María Luisa Ponte, Juan Diego, Laura del Sol, Gabino Diego, Agustín González, Carlos Lemos, Enma Cohen). Ao cinema español, que acada con este filme un dos seus cumios máis indiscutibles. Á lingua española, rendida á riqueza duns diálogos sinxelamente prodixiosos. Á historia dun país pobre, miserable, famento, que alivia os días do inverno coas grises imaxes de cartón e mentira que os cómicos fracasados montan nuns taboados infames. A tantas cousas.

Entre elas, ou por riba delas, un homenaxe á personalidade fascinante e única do director, do escritor e do actor, figura artística e intelectual (esto xa non lle faría demasiada gracia) eminente da segunda metade do século XX neste país, o anarquista sublime e inigualable, o profesor da lingua da bolboreta, que hoxe padece da idade, don FERNANDO FERNÁN-GÓMEZ. Unha lembranza para el nestos tempos de inquedanza, mentres proclamo a de Sancho: "No se muera vuesa merced, señor mío, sino tome mi consejo, y viva muchos años, porque la mayor locura que puede hacer un hombre en esta vida es dejarse morir, sin más ni más, sin que nadie le mate, ni otras manos le acaben que las de la melancolía."
Triste actualización: Fernando Fernán Gómez fica con nós para sempre. Moitísimas gracias.

13 commenti:

bouzafria ha detto...

Fernán Gómez ten unha teima especial co galaico Fernández Flórez e o seu malvado Caravel.
Sobre agora: o que está para un non o leva nadie, que di a miña nai.

Doniña ha detto...

" No gastemos tiempo ya
en esta vida mezquina
por tal modo,
que mi voluntad está
conforme con la divina
para todo;
y consiento en mi morir
con voluntad placentera,
clara y pura;
que querer hombre vivir
cuando Dios quiera que muera
es locura"

Leo Legris ha detto...

Gastemos tiempo,
si, en esta vida mezquina
por tal modo,
que mi voluntad no está
conforme con la divina
para todo:
y no consiento en morir
con voluntad placentera,
que querer hombre vivir
cuando Dios quiera que muera
no es locura, es fuerza
que la voluntad procura

r.r. ha detto...

Suscribo o seu texto, señor Arumes.

E prefiro a versión de leo legris antes que a de doniña por moita razón que leve. Deus que espere, ou que morra el se quere.

De la Highway 61 ha detto...

Magnífica película. Un portento, por tanto, por todo. Inigualable. Tristísima e divertidísima. E proclamo: "Mecagoenelpadre de los hermanos Lumiere!"

De la Highway 61 ha detto...

Magnífica película. Un portento, por tanto, por todo. Inigualable. Tristísima e divertidísima. E proclamo: "Mecagoenelpadre de los hermanos Lumiere!"

Lula Fortune ha detto...

¿Hai que decilo dous veces? (je, je)
Fermosa e esquecida película. Suscribo todo o post e dende aquí, un pensamento de
agradecemento a ese grande da escea e das letras españolas. Siga o consello de Sancho, don Fernando.

Doniña ha detto...

A Fernando Fernán-Gómez.In Memoriam.
..." Así, con tal entender,
todos sentidos humanos
conservados,
cercado de su mujer,
y de hijos, y hermanos,
y criados,
dio el alma a quien se la dio
el cual la ponga en el cielo
en su gloria.
Y aunque la vida murió
nos dexó harto consuelo
su memoria.
( Jorge Manrique)

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Unha parte fundamental da miña educación sentimental e intelectual (por qué non) xa non está connosco. Como sempre, durmirá a unha legua escasa das nosas vidas.

xohan da Coba ha detto...

Fina estampa,caballero.
Caballero de fina estampa.
Un lucero que sonríe bajo un sombrero.
Y en su andar reluce la acera al andar,andar...

torredebabel ha detto...

vin a nova entre as noticias dunha axencia e fun abrir o xornal El Pais por ver se había erro algun. Cousas ridículas que un fai cando non quere que algo que é, sexa.

Modesto Fraga ha detto...

Sempre nos quedará a súa arte, o seu compromiso, a súa observación, atenta e delicada, da vida; o seu talento.

Ana Bande ha detto...

Precioso, Arume, que gusto telo a vostede para expresar tan axeitadamente esta desasougante sensación de perda irreparable.