Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 luglio 2008

SÉCULOS ESCUROS


Na presentación do Congreso o meu colega S. fixo mención, moi necesaria para dar visibilidade á propia Compostela, á oposición entre o século áureo da cultura española (se podemos empregar tal termo nos séculos XVI e XVII sen cometermos os suficientes anacronismos) e os séculos escuros da cultura e da lingua galega. O outro día, a propósito da elaboración dos planos de estudio, apareceu a mesma expresión moi extendida entre a terminoloxía da historia literaria, séculos escuros, para referirse á época de postración da lingua e da literatura galegas. En ámbolos dous casos, manifestei a conveniencia de que tal categoría literaria, a estas alturas, fose desterrada e sustituida por outra tan acaída para expresar a perda, a desaparición, a usurpación, pero menos cargada alomenos na superficie de connotacións negativas. 

1 commento:

Marcos Valcárcel López ha detto...

Eu teño dito e escrito unhas cantas veces que o concepto Séculos Escuros é inxusto, pexorativo e inexacto (e a literatura popular galega?).
Haberá que abrir logo unha quenda de propostas alternativas...