Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 gennaio 2009

KALEIDOSCOPE EYES


Creo que non somos aínda quen de medir a magnitude do cambio social que se está a experimentar diante dos nosos fociños. A transformación dos modos de transmisión cultural, de información política ou ideolóxica, a intervención cada vez maior (exponencialmente multiplicada nos últimos anos) da xente nese proceso como consecuencia da aplicación das permanentemente renovadas tecnoloxias está a suceder debaixo da casa. Pasa agora mesmo mentres escribo esta pequena anotación que fago todo o rápido que poido coa sensación de que para cando remate quizáis estea obsoleta. Emprego o blog (con escasa audiencia), pero entro no facebook, probo o twitter, coñezo o tuenti, miro os fotologs das miñas fillas, pero sempre que o fago dame a impresión de chegar sempre tarde: algo hai aí que me perdo. E podo asegurar que tento estar ao loro.
Hoxe co propósito de seguir a proclamación de Obama, piquei en varios lugares para saber non tanto qué sucedía na ala oeste da Casa Branca como que recursos se estaban a ubicar para poder sabelo. A montaxe mediática, cun grao de interactividade insólito, era enorme, imposible de aprender dun solo golpe. A televisión parece, neste aspecto, recurso convencional, decididamente retro. Os xornais ofrecen xa un aire a hemeroteca.
Confeso que esto me gusta. Creo que, sen pensar niso desde ben pequeno, imaxinei algunha vez esta situación. Imaxineina sempre con admiración anticipada. Hoxe miro todo e só podo sentir rabia por non poder participar nese extremo como eu querería. Non poder estar neses lugares; crear xornais dixitais como o NYT, plataformas que ao tempo permitan facer varias cousas, mecanismos que che manteñan sempre comunicado con todo. Pensei, por falta de miras, que a web (e onde vai case xa?) era o futuro. Agora miro todo e a fascinación pode conmigo. 
Só queda pensar que debo ter uns entusiastas kaleidoscope eyes.  

Nota: a información presentada polo New York Times certifica a miña impresión de que estamos diante do xornal que servirá de modelo para os vindeiros anos. Unha auténtica marabilla na que non falta utilidade, limpeza de formas e elegancia. Hoxe EL PAÍS anuncia a súa propia reinvención: non me estraña diante desta exhibición xornalística.

17 commenti:

Ana Bande ha detto...

Acougue Arume, acougue, non son tempos para querer estar ao día en todo, ademais infinidade de trabellos xa se inventan cunha data de caducidade de microsegundos...o do facebook, por exemplo, leva anos inventado, a verdade, eu xa pensara que non se levaba cando me vin pillada nunha onda que faría as ledicias de Jack Johnson...e aí estamos non sei moi ben facendo o que.

SurOeste ha detto...

Os xornais teñen os días contados, si, e a tv tal e como agora nola presentan tamén. É a hora de quedarmos expostos diante dunha pantalla que nos interroga.

Anonimo ha detto...

Música para o post: PREMER.

Anonimo ha detto...

Tranqui, oh! Que o mundo está cambiando xa o dicía o meu pai, e o meu avó, e o meu bis-avó... Ata un tal Dylan (repase a canción, verso a verso) e, estou seguro, que Cicerón tamén o di nalgún sitio que eu ignoro. É normal. Pasa continuamente. Chámase tempo. E corre de cojones. Tamén estou seguro de que vostede pensa que nunca o tempo pasou tan rápido, pero iso é algo que tamén dicía o meu pai, e o meu avó...
A sensación de perderse algo é tamén moi común e a de ter chegado (ou estar chegando) tarde ou polos pelos tamén é moi común a certas idades. Ti, gran lector, poderías poñer aquí citas e citas de todas épocas nas que, cambiando o que haxa que cambiar, xa se dicía o que acabas de escribir.

Anonimo ha detto...

Eu certifico ese optimismo sobre as posibilidades presentes e futuras de Internet, se cadra porque tiven a sorte de ver como se desenvolvía este medio, desde que en 1992 enviei o meu primeiro correo electrónico e desde 1994, ano no que se podía navegar con "Mosaic" e aínda non se publicaba ningún xornal galego en internet.
O que me gusta de internet é a posibilidade que ofrece a todo o mundo de acceder á información de forma instantánea e gratuita, de tal xeito que se rompen aquelas barreiras que existían entre os que sabían (porque dispuñan de medios) e os que non.

Con todo, Internet aínda non está dispoñible para todos os cidadáns, sen custo. Ademáis, conviría saber explotar moito mellor este recurso, sobre todo no eido educativo.

Anonimo ha detto...

Pois engada: http://www.nytimes.com/interactive/2009/01/17/washington/20090117_ADDRESSES.html

Anonimo ha detto...

Amigo Arume... Turmano le está llamando "viejuno". Yo que usted reconsideraría ciertas amistades.

Anonimo ha detto...

Ei!, non! Nada diso. O Arume de viejuno non ten nada! Tan só certifico que non hai nada novo baixo o sol, que o tempo pasa, que o mundo non se ve igual aos 20 que aos 40 que aos.., e que o asombro que amosa/amosamos diante destes tempos que "adelantan una barbaridad" é propio de xente que ten vivido. De "emigrantes dixitais", por dicilo á moderna.

Anonimo ha detto...

A dona chama ao home por un moderno telemóbel, para decirlle "non esquezas o pan da cea".
O mozo envía un sms á moza para decirlle "sta noite botoche un Knivete.Onde quedmos?".
O banco envíache unha mensaxe automatizada ao correo electrónico, que dice "non ten un puto peso".
Cós buscadores podemos acceder a toda a información e á cultura do mundo, pero na práctica úsase sobre todo pra buscar sexo.



Decía o Principiño que o esencial é invisible aos ollos. Mesmo aos ollos caleidoscópicos".

Anonimo ha detto...

Coño... ahora que XDC dice eso de los buscadores... el otro día ví en algún sitio que no recuerdo un diagrama del uso que le damos al Google. Seguramente sería en plan chiste, pero puede que no,porque me parece que tenía mucha razón.

Los cuatro usos que le damos al Google eran estos: Buscar información útil y relevante... un 2% (más o menos); cuando somos demasiado vagos para escribir el .com... un 8%; para buscar porno... un 40%; y para corregir la ortografía cuando escribimos en la red... 50%.

Yo nunca me hubiese imaginado ese porcentaje tan alto para lo de la ortografía (yo personalmente uso el RAE on-line si alguna vez tengo que consultar algo), pero la chica que escribía el artículo donde salía esto decía que estaba de acuerdo, que ella sí usaba el Google para eso.

Anonimo ha detto...

Pois eu creo que o esencial, como o non esencial, é visible aos ollos. Todo é visible aos ollos. Outra cousa é que non o queramos ver.
Un 40% de buscas adicadas ao porno paréceme moi pouco. Tampouco entendo moi ben porque se fai esa diferenciación entre "información útil y relevante" e porno. Non o entendo.

Anonimo ha detto...

"... mecanismos que che manteñan sempre comunicado con todo."

Ai, jasús, o Arume que se nos quere converter nun enxendro robótico cheo de cables e conexións...

R.R. ha detto...

Carrascus, ela referíase ó porno, non á ortografía. O que pasa é que de gramática andaba mal, xD

Eu creo que o cambio é brutal pero inflúe nas nosas vidas moito menos do que os frikinformáticos cremos/cren. Vén ocorrendo o mesmo que co hardware e co software: se os creadores de software fosen capaces de evolucionar tan rápido como os de hardware estariamos rañándonos a aquela e vivindo das máquinas como soñaba Lafargue. Pero claro, neste breve tempo que se nos concede non damos explotado todas as posibilidades que o noso magnífico cerebro ofrece. Nin visto tanto canto invento hai.

E si, anda un pouco viejuno o Arumes, (que foi exactamente o que dixo o mangante de Turmano); anda viejuno como todos. Se non de vez de estar aquí escribindo ou buscando porno no Google...

R.R. ha detto...

E engado: e dubido que esta tendencia á brevidade e á dispersión sexa boa para a evolución, para o coñecemento...

"Making", dime a verificación de palabra. Se é que os ordenatas ata nos putean... Pois iso.

Anonimo ha detto...

A "sensación de estarse perdendo algo" debe de ser moi diferente según as persoas.
Eu escoito falar a dous extranxeiros nunha lingua descoñecida, e sinto que me estou perdendo o placer de poder falar nesa lingua. Vexo aterrar un avión e penso que me perdo a sensación de saber aterralo eu. Vexo tocar un instrumento musical e penso que me estóu perdendo o sabelo tocar eu. Unha morea de cousas así. A sensación de estarme perdendo algo é permanente, desde sempre. Comentéillo a unha persoa e míróume de xeito estrano, coma se estuvera "mal do coco". ESa persoa está "enganchada" a unha droga desde fai anos, porque non soportaba a idea de "estarse perdendo algo".

Anonimo ha detto...

Soñeino ou é certo? Ten vostede entre os seus amigos virtuais ao sr Feijóo?
Esas compañías...

Anonimo ha detto...

Estou de acordo con r.r. "dubido que esta tendencia á brevidade e á dispersión sexa boa para a evolución, para o coñecemento...
", pero tampouco me preocupa moito. Por unha banda os meus coñecementos sempre foron tan breves e dispersos como escasos (logo agora estou de moda). Por outra banda, a evolución e o coñecemento non son algo no que perda moito tempo.
En canto á "sensación de estar perdendonos algo", pódese relacionar coa inquedanza polo coñecemento, pero tamén coa insatisfacción, coa ansia de fuxir dun mesmo, do que temos diante do espello.
Penso que, en todo caso, é moi liberador asumir que un é fontaneiro e non monxe capuchino, que un non sabe ler en latín, pero que o outro sería incapaz de arranxar a cisterna do bater (o cal é moi útil). E inda máis liberador (pero tamén doloroso) é asumir que aprender latín (ou a arranxar a cisterna) non é tan difícil nin costoso, pero que a verdade é que non temos nin puta gana de facer o esforzo. Así asumiremos tamén que esa sensación de estarmos a perdernos algo non é máis cunha pose herdanza da nosa adolescencia, e que como o resto das herdanzas da nosa adolescencia (exceptuando, por suposto, o onanismo compulsivo), é unha puta merda.