Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 marzo 2009

LONDON 3

Interesantes propostas de mapas nas rúas de Londres: a dos comercios, bares ou locais con este deseño atractivo, coa característica e exemplar claridade tipográfica da sinalización (aka sinalética) británica. Na zona de Carnaby Street e na zona de Neal Street ou de Seven Dials.
En Príncipe, en Vigo, non sei se será posible; en María Berdiales, outrora centro comercial de certa importancia, imposible, dado o galopante número de locais pechados ou por liquidación nos últimos tempos. 
Aquí o que se estila é o epidémico cartaz da alcaldía ou da tenencia da alcaldía pedindo desculpas, mesmo vinte meses despois de rematada a obra, por suposto, interrumpindo o paso.  

Nessun commento: