Slumdog Millionaire engaña. Semella unha película e resulta outra. Axiña pode advertirse a trampa, pero o espectador se deixa levar un rato, seducido polo impacto dunha montaxe espídica, ata comprobar que en efecto aquilo non era o que agardaba desde o comezo. As imaxes dun Bombai inmundo, tomadas desde todos os ángulos posibles (eso si, cunha vértixe que impide deterse na reflexión da miseria), promete un drama social, con protagonistas abandonados a unha sorte infame. Mais a rixidez matemática dun guión preciso, sometido a unha precisión causal demasiado inverosímil, desvela aos poucos que o relato vai directo a outros xéneros máis idealistas, torpemente convencionais de triunfos e victorias de héroes de acción nun maniqueismo digno dunha novela de caballerías do século XV. A acumulación de tomas sobre a inmundicia, a violencia, o horror da periferia dunha cidade miserenta vai dando paso a unha narración veloz de peripecias, presentadas con habelencia por un director que ama o encadre, a música, a escenografía, pero detesta, ao meu xuízo, a complexidade e a ambigüidade que unha acaída imitación do mundo xeneran. Se iso se pode detectar en certos lances do principio, a medida que vai avanzando a película estes elementos van aparecendo de forma máis nítida ata chegaren, na última media hora, a un estado de delirio impensable coas primeiras secuencias do filme. O que comeza como un espello deformado e agónico da vida paupérrima dunha megalópole remata como o rosario da aurora, coa apoteose da cursilada máis intragable dos últimos tempos, que nin un baile boolywoodense, mal rodado e peor coreografiado salva.
Se vale para que coñezamos os mortais á deusa Pinto, dou por ben empregados os meus seis euros.
Nessun commento:
Posta un commento