Caxigalines nella Reguera'l Campizu

26 marzo 2009

SAN OBAMA


Recoñecidas as particularidades dun presidente dos EEUU, resulta poco comprensible o grao de adoración que a figura de Obama rexistra nestes días. Que era un fito histórico que un negro ocupara a Casa Branca tampouco ninguén o dubida, pero que cada cousa que faga adquira dimensións heroicas xa parece moito. 
Se anuncia un plan neokeynesiano de investimentos públicos por unha cantidade impronunciable, os comentaristas compiten por ver quen é o máis veloz no encomio e na diatriba dos outros gobernantes que, aínda que poidan estar a facer o mesmo, por suposto non se enteran. Se anuncia que os sobresoldos van ser controlados, os eséxetas corren a propagar a boa nova e de paso lembrar que os demáis líderes deben estar na verza porque non fan o que deben. Se anuncia que o país vai saír da crise e que van ver moi axiña o final do túnel (que teima case mística con esta metáfora!) porque o diga el, os articulistas se apresuran a certificar que en efecto unha palabra súa vale máis ca toda esa faragulla por suposto insípida e inútil que escoitan pronunciar nos miles de parlamentos democráticos que hai no mundo. Se, finalmente, anuncia que vai anunciar as cousas vía internet, vía blog ou vía feisbu, en contacto online coa cidadanía, o contertulio das mañáns ou das tardes ou das noites sae coma un raio a proclamar que un novo mundo de relacións mediático-histórico-culturais esta abríndose e que os demáis líderes occidentales transmiten as súas inquedanzas con sistemas por suposto obsoletos e antediluvianos.
Eu, que aprecio moito o nivel da retórica predicatoria obamiana, aprendida na sólida tradición protestante, teño que recoñecer que comenzo a estar farto desta devoción fervorosa, desta manifestación de papanatismo irreflexivo, desta crecente conversión do presidente dos Estados Unidos nunha especie de chamán, gurú o santón a cuxa voz sistemas financeiros mundiais, industrias automobilísticas e corporacións empresariais respostan de forma inequívocamente favorable. 
Este obamanismo mental vai facer estragos.   

Nessun commento: