Caxigalines nella Reguera'l Campizu

9 maggio 2009

BERLUSCO NON FAI GRACIA


Neste blog adiquei moito tempo á figura de Berlusconi. Probablemente porque, como dixen nalgún dos posts que escribín, faise inconcebible o grao de aceptación e apoio que ten en Italia. Aquí tratei varias veces de explicar o fenómeno, pero aínda así nunca remato por dar satisfacción ao conxunto. Sumados todos os factores que un pode aducir (mesmo esa cousa na que nunca creo pero que podo engadir para encher o cúmulo de argumentos como a idiosincrasia dun país e que me saia o resultado, como cando fas trampa no solitario), sempre queda algo inexplicable, que pertence ao arcano das reglas políticas e sociais que funcionan en calquera espazo e tempo dados.
Nos últimos tempos, a sucesiva cadea de informacións referidas á súa vida íntima ou ás saídas de ton protagonizadas urbi et orbi parecen dotalo ademáis dunha aura cómica, que, de forma perigosa, pode facelo entrañable ou disculpable na liña do impresentable Martínez Soria, protagonista querido e repetido nas sesións de cine de barrio dos sábados pola tarde. A forza (Italia: perdón polo chiste) de entresacar o Berlusco pavero, imos camiño de outorgarlle, pola vía da exhibición pública permanente, un carisma televisivo indudable, alleo a calquera resposta crítica. 
Berlusconi non fai gracia: non debe facernos gracia. Debemos tomalo en serio: velo como o seudofascista (seudo polo seu intento de disimulo) que é, emparentado co Mussolini que cruza os brazos mentres pasa pola pedra aos seus concidadáns. Todo o que ofrece, nun país cun estado de dereito nos seus aspectos substanciais plenamente democrático, non é motivo de brincadeira. El pretende que iso sexa así, que todas esas supostas chiscadelas sexan dixeridas en eternos debates que o sitúan sempre no centro do país, mentres os seus axentes levan por toda Italia o programa de control político e social máis prolongado do tempo. Mentres vai a Porta a porta a largar sobre a súa muller ou sobre as súas súbitas aparicións en postas de largo de nenas de clase alta, o país é gobernado por unha sorta di infinitos políticos de garavata elegante (aos que se lles permite mesmo afear a conducta do cavaliere para pareceren asisados) que levan adiante a estratexia máis dereitista (sen complexos, á aznariana) de toda Europa. 
Outra cousa é que Fini, o modelo desa eleganza retórico-mediática, sexa o sucesor de Berlusconi. Diso falarei noutro post.    

4 commenti:

A Raíña Vermella ha detto...

Coido que a existencia mesma de Berlusconi pon de manfesto o peor dunha Italia retrógrada, machista e ultracatólicamente hipócrita, igual que a existencia de Bush revela unha parte dos EEUU racista, reaccionaria e fanática. Despois os turistas só vemos Roma, NY, Boston ou Florencia.

Anonimo ha detto...

Por lo menos no tienen cuatro millones de parados.....

ms ha detto...

Eu creo que non cómpre darlle moitas voltas, arume. Berlusco é a imaxe do que é ou quere ser o italiano (supoño que preferiblemente macho) medio.

arume dos piñeiros ha detto...

Sí, leva toda a razón no dos parados (poñendo mesmo en dúbida os datos italianos). A pasión edilicia hispánica, que o partido socialista no poder non soubo e non quixo limitar ou parar (agora de vez), ten estas terribles consecuencias.
Pero en cuestións sociais (a sanidade italiá é de meter medo, segundo eles mesmos confesan) e en organización do territorio, sendo conscientes de que o noso país non é nin moito menos modélico, o abismo é evidente.

Nota: non traio o da renta per capita, porque os italianos me pegan. Eles poden aducir, por contra, que a enerxía, por exemplo, de Galicia está nas súas mans.