Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 maggio 2009

BLOGS QUE AGONIZAN


Proclama Rubicho de Katanga a agonía do bloguismo, ameazado de morte polo seu irmán pequeno ou sobriño adiantado o feisbuk. Concordo con el polo que a min toca. Tiven mesmo as miñas tentacións twitteiras, co propósito de ver se, ultrapasada a rede social do feisbuk, hai vida aínda máis novidosa. Debe de ser que non practico iphone ou telefonía móbil para twitterar porque non lle atopo singularidade (ou nomadismo para exercer o microblogueo) para contar o mesmo que o meu apalanque diante do ecrán me permite coa nova rede social do feisbuk, onde agora habito.
O certo é que a redacción de entradas para este blog faise cada vez máis costa arriba e a incorporación dun novo post tarefa case sempre adiada. O nivel de esixencia, autoimposto, do blog obriga a un exercicio de elaboración maior que antes monopolizaba o meu tempo. A presencia do feisbu, complementaria e nalgún momento alternativa, impide a mesma adicación anterior aos posts. Aos poucos, vou dándome conta de que entro menos no meu blog, que renovo máis paseniño as anotacións e que ademáis comprobo que o número de visitas diminúe de forma considerable. En termos cuantitativos o blog vai para abaixo; en termos cualitativos, aumenta o tamaño dos textos (xa que me meto, largo: parece a premisa involuntaria), pero tamén atopo máis dificultades para atopar unha cuestión da que falar que non fose xa exposta de forma breve ou medio longa no feisbuk. Ou sexa, o meu feisbuk fai competencia ao meu blog e non son quen de autorregular esta asimétrica vontade.
As fórmulas para engadir documentación, comentarios, observacións ou para simplemente relacionarse con outras persoas do feisbuk é infinitamente superior ás dos blogs, no fondo conformado (e cada vez máis) como unha voz que fala sen saber se é escoitada, agás se algunhas poucas persoas, que ademáis podes descoñecer, deixan unha pequena palabra de contacto. 
Esto explica que, salvo excepcións que ademáis eu non son quen agora de apuntar porque me temo que non hai xa excepcións, o sistema xeral dos blogs estea agora mesmo moi seriamente danado, non digo en trance de desaparición, pero si en melancólica retirada. Como depósito de textos de calado máis profundo, como formato un pouco máis personalizado (unha especie de retablo onde o autor pode colocar de modo máis particular os seus textos, coa tendencia habitual ao horror vacui) o blog pode constituir aínda refuxio: como almacén ou galpón onde deixar o que en feisbuk xa non cabe. Como pasa cos trasteiros, supón agora mesmo o lugar onde van parar aquelas cousas que non caben na casa, xusto antes (ou cinco anos antes) de chamar ao concello para que veña buscalas.
Rabichu de Katanga non quere entrar no feisbu: imos quedar por esta blogoleira/leria un tempo, pero dame que coas ínfulas baixadas, co ímpetu demediado, a piques de cantarmos Outeiro abaixo cara Peruleiro, It's all over now, baby blue.  

11 commenti:

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Carrascus de Híspalis está nas mesmas e iso que el é un xenio e aínda ofrece o mellor blog do mundo mundial.

R.R. ha detto...

Ben lúcida a análise, meu señor. Pois iso, que it's all over now, baby blue, (case nada). Pero aínda que sexa para os refugallos seguiremos botándolle un ollo de cando en vez á leira coberta de leitarías e malasherbas por se aparece algunha orquídea salvaxe. O náufrago andivo aí atrás dándolle voltas ó asunto blog e quedamos de acordo en que se produciu unha "peneira". Non sei eu se o calibre do burato non sería máis groso do que pensabamos...

E ademáis sei eu duns cantos amigos de chicha e pelos que atopei polo mundo este que van seguir estando ben cerca, así que haberá que estar de acordo tamén en que a experiencia foi caralluda (e o que queda!)

SurOeste ha detto...

Señor Arume:

corto e pego esta sustanciosa reflexión súa que me fai reflexionar para facer unhas croquetas que teño previsto servir o martes próximo.

Aproveito para mandarlle un mail (aínda existen) para comentarlle unhas cousiñas. Esteame atento, se é que aínda abre o correo.

xOsse dorrío ha detto...

A min parécenme compatibles as novas redes sociais e os blogs, e máis, coido que son complementarias (cheguei aquí a traves do facebook). A eiva que temos todos e o tempo, que non da para estar en todo.

Amais, as "notas" publicadas en facebook está ó alcance dos teus amigos mentres que os post dun blog está aberto a toda a humanidade; calquera que o busque atopao e leo.

Iran a menos si, pero non agonizan, non hai perigo de morte.

Dr Smurf ha detto...

Concordo por completo con Dorrío. Non vos coñezo de nada nin a el nin a ti, e aquí me tendes expresándome libremente, algo que nas redes (de control) sociais sería inpensable. Parece que todo o mundo ten que estar filtrado, peneirado, cribado, fichado e máis que fichado, e realmente non ten por qué ser así. Se verdade se quere falar en liberdade, non pode ser que previamente teñamos que pedir permiso para poder abrir a boca, como se fosemos pequenos -pois así é como nos queren tratar-.

No fondo, penso que esta criba acabará sendo positiva co tempo. Tanto das bitácoras de usar e tirar, creadas cun fin concreto para logo ser desbotadas tan alegremente, como dos posts que se publican por encher e publicar algo mentres non se nos ocorre nada mellor. Quero dicir, que a calidade das entradas cada vez vai sendo maior, en detrimento da cantidade. E xa se sabe: "menos é máis".

Pero, iso si, a sensación de que cada vez hai menos xente aí fóra e de que cada vez son máis os cadernos que van quedando polo camiño non para de medrar e de deixarnos cun certo regusto amargo, como de ausencia e de baleiro inesperados, como de oco que ocupaba 'o que puido ser e non foi'.

(Por certo, dádesvos conta de que este tipo de reflexións son cada vez máis correntes, creándose unha especie de novo xénero a modo de 'metablog'?)

Anonimo ha detto...

arume, tereite que pedir amistade no feisbú, pois xa non te atopo nas arroutadas nen nas uvas e a verdade bótote de menos no meu mundo virtual,
un bico

Rubicho de Katanga ha detto...

Señor Arumes, a joderse. Ese último comentario doeu, ¿que non? Pois hala, como sabemos que ten conciencia, volva máis por aquí ;-)

detective crepuscular ha detto...

Deixai que o rapaz dos piñeiros disfrute co xoguete novo que lle trouxeron os reis, o feisbús, ou como se chame ese artiluxio diabólico e feiticeiro, xerador polo visto de éxtases comunicativos como non lembran os séculos. Nada, non ten importancia, un deslumbramento pasaxeiro que o manterá fóra do fogar/blog e das outras instancias solaineiras e arroutadas que frecuenta, entanto lle dure a febre polo cacharro co que ven de encetar relacións. El, o Medela, que tamén anda entusiasmado co descobrimento, e outros tantos rapaces co xoguete de moda destes reis... Hai que deixalos, son como nenos. Xa investigarei eu, a ver en que consiste iso do feisbús.

carrascus ha detto...

Estoy muy de acuerdo con la tesis de este post. Es algo que noto desde hace algún tiempo, y que viene tanto del exterior como del interior de los propios blogs. Querer mantener una mecánica seria en un blog te autoimpone buscar textos que mantengan interés, y esto cada vez es más difícil porque cada vez has hablado de más cosas y, por tanto, te quedan menos de las que hablar. Y para investigar en lo que va sucediendo día a día y poder tener citas con las musas necesitas un tiempo del que no dispones, porque el bloguero no es periodista, que puede pasarse las horas investigando y buscando; el bloguero tiene otro trabajo al que debe mimar más que al blog, porque la tradición de comer al menos tres veces al día sigue vigente.

Y los que visitan el blog y te dejan comentarios tienen ahí fuera un mundo cada vez más diversificado que, aunque no les resta cariño hacia tí, sí que les resta tiempo de atención. Pero si nosotros no nos quejamos de que ha cambiado la forma de enfocar el mercado discográfico, por ejemplo, tampoco nos vamos a quejar de que cambie la perspectiva de la blogosfera... no?

La solución está en hacerse partidario de lo que comenta xOssé dorrío ahí más arriba. Y además, mantenerse en esto mientras uno saque diversión (u otra clase de satisfacción personal) del hecho de mantener un blog.

Y desde mi punto de vista estrictamente personal, lo que también hago es no acercarme a los facebooks, ni a los twiters, ni a los tuentis, ni a ninguna otra cosa que huela a algo a lo que me pueda enganchar... por si acaso.

Pero como estoy algo majara, por si resulta que es cierto que al final el blog resulta obsoleto y hay que abandonarlo, ya tengo preparada lo que sería una huída hacia adelante... no se lo cuentes a nadie, querido Arumes, pero ya tengo echadas las semillas de una wikipedia, a la que algún día espero ver crecer.

XDC ha detto...

Muchos blogs funcionaban en realidad como redes de relación social. Facebook asumirá ese servicio, y los blogs se centrarán en la publicación y discusión de contenidos. No es máis que una nueva diferenciación de "mercados"

arume dos piñeiros ha detto...

Cánto agradezo as súas todas sabias e cariñosas palabras. Mentres as lía ía pensando alomenos nun par de posts máis. E, desde logo, precisamente por aqueles que aínda non pasaron ao vicioso feisbu sigo escribindo o blog. Ou sexa, que non se me enganchen para ter sempre a quen escribir.