Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 maggio 2009

A INMERSIÓN LINGÜÍSTICA


Cedo hoxe o espazo deste blog ás reflexións dun meu amigo moi querido, X. G., preocupado polo momento delicadísimo da lingua galega en Galicia.

A INMERSIÓN LINGÜÍSTICA.

O español non é unha Lingua Franca en ningún país do mundo (se exceptuamos, quizais, Andorra). En Europa e no mundo, ise papel correspóndelle ao inglés que ademais de ter moitos falantes  como primeira lingua, é a segunda lingua en moitos outros. A medio prazo seráo en todo o mundo. Tamén o francés é Lingua Franca, nomeadamente en Africa.

O español non xoga ese papel en sitio ningún: tén millóns de falantes e é primeira lingua en moitos paises pero non é Lingua Franca . A sua importancia como lingua de comunicación internacional está sobrevalorada e é, sobre todo, un asunto de consumo interno.

Na UE non pasa de un cuarto posto no ranking, a anos luz do inglés, e tivo serias dificultades para ser considerada língua de traballo. En número de falantes está incluso por debaixo do italiano. (En Europa non ten moito peso o argumento dos falantes  latinoamericanos). Por esta razón, cada vez tén máis predicamento o aprendizaxe de linguas extranxeiras entre nós.

Moitos paises europeos (paises pequenos con sistemas educativos avanzados) xa hai tempo que aplican a inmersión lingüística en inglés para conseguír un dominio pleno nesta lingua por parte de toda a poboación. Calquer adolescente sueco ou finés desenvólvese perfectamente nela. O sistema de inmersión  consiste  en dar unha boa parte das asignaturas na lingua escollida (e non só a materia específica). Así, en inglés poderíanse dar asignaturas como matemáticas, física, Hª da arte, etc. Todos os governos europeos empezan a ver os beneficios deste sistema e xa falan del abertamente. O governo español, tamén. Incluso os partidos da oposición (Rajoy dixo claramente que, o útil para os rapaces sería estudar inglés e deixarse de andrómenas)

En Galicia déronse os primeiros pasos coas Sección Europeas que consisten  en crear grupos de alumnos cun bo nivel académico que reciben algunhas das súas aulas na lingua extranxeira escollida. Polo momento, é un sistema moi precario, que se basea na boa disposición dos docentes  que teñen algún dominio desa lingua, co apoio do departamento correspondente e tendo carácter voluntario para todos: profesores e alumnos. Sería, pois, unha pseudoinmersión, parcial e moi limitada. Se( como se pretende) nun futuro, os docentes  de distintas areas, acadasen un dominio pleno nunha lingua extranxeira, estaríase en condicións de planificar e levar a cabo a inmersión plena e total.

 E todo isto, a que vén?

 Pois a que, niste intre se está a debatir en Galicia o tema lingüístico e a comenencia ou non  de cursar  en galego unha parte das materias. Discútese se os pais teñen que decidir e opinar sobre o propio  sistema educativo e se todo isto é un asunto de libertade individual, etc. O que parece evidente é que o tema se utilizou, de xeito irresponsable, na confrontación política e iso conseguiu meternos a todos nun sarillo do que non se sabe como  saír. Vendo algunhas das declaracións últimas dos responsables políticos na materia, moito me temo que a cousa rematará por enlearse aínda máis e traerá consecuencias moi negativas para o país.

Sabe o conselleiro de educación algo diste tema? E o presidente? Témome que non! As políticas que se anuncian ( se en realidade se levan á práctica) rematarán no enfrentamento e no caos.

Como é posible que se acepte como necesario en toda Europa (en España tamén)  o procedemento de inmersión lingüística  nunha lingua extranxeira e ese mesmo sistema se lle nego ao galego?

Os pais de Galicia Bilíngüe negaranse tamén a que os seus fillos “sufran” a inmersión nunha lingua europea non coñecida? Se isto se levase a cabo, os resultados académicos veríanse gravemente afectados como din que pasa co galego? Están os pais en condicións de decidir sobre estas cousas? Como é posible que haxa xa colexios privados de élite e liceos extranxeiros que ofertan como un valor engadido na formación  a inmersión lingüística? É que só o galego representa un handicap na formación dos nosos rapaces e rapazas?

A ninguén lle importa que o galego sexa unha lingua milenaria na que se desenvolveu a maior parte da cultura do país, plenamente viva e en condicións de seguír ofrecendo sustento á arte, á ciencia e á comunicación? A ninguén lle importa que sexa, con moito, a parte máis importante do noso patrimonio?

Que se esquezan de conseguír os seus fins os que soñen cun sistema educativo moderno,  aberto e plurilingüe e que, ao mesmo tempo, prescinda do galego, un IDIOMA PROPIO E OFICIAL DE GALICIA. Non sería viable, nen xusto, nen democrático!

Sería antepoñer a barbarie á razón.

X. G.   

No medio da foto escóitase o verbo encendido de Bieito Iglesias.

11 commenti:

Turmano ha detto...

Moi benquerido X. G.
Non acabo de entender o razoamento. Na primeira parte ninguneas o castelán baseándote nun número reducido de falantes e logo daslle relevo ao galego en función da súa tradición e valor patrimonial. Penso que debería ser ou unha cousa ou a outra, ou as dúas, pero aplicadas ás dúas linguas. Se o castelán ten un número reducido de falantes, menos ten o galego, e se este ten un alto valor cultural, tamén o ten o outro. Penso que por aí non pode ir o asunto.
A cuestión, para min, é que hai un idioma, o galego, que se fala en Galicia e que non pode ser contraposto a ningún outro. Non entendo porque ten que ser ou un ou outro. O galego é un idioma oficial de obrigado coñecemento e (engado) dominio. Un idioma no que ten que ser educado todo o que aquí viva, lle guste ou non, simplemente porque a lei di que é oficial e de obrigado coñecemento. E punto.
Os pais... Os pais non teñen nin puta idea. Saben o mesmo de educación que de inxeñería, pero curiosamente ninguén esixe escoller o cemento dos pilares que sosteñen a autovía por onde pasan a diario, nin tan sequera o número de pilares. Agora ben, se poideran escollerían ata a hora do recreo. Digo máis: o fracaso escolar está directamente relacionado co entremetemento dos pais no ensino. A máis mete-mete, máis fracaso escolar.

SurOeste ha detto...

A min pareceume unha argumentaión mo interesante.

Sen nome ha detto...

Si señor.Tal cual.
Que pintan os pais neste e outros asuntos semellantes ?

Que eu saiba ninguén vai polas casas do alumnado impondo o que lle teñen que botar ó caldo e a que hora han comelo.

O exceso de "garantismo" está producindo en todos os ámbitos, situacións ben chocantes.

Ah! Turmano, canta vostede igual que argumenta: divinamente e con contundencia.

Apunte unha fan máis.

Suetonio ha detto...

Estou moi de acordo co que di Turmano. O castelán non é ninguneable, diga o que diga X.G. e menos en Galicia, onde é unha lingua asentada e que unha gran maioría da poboación considera tan propia como o galego. Tratar de beneficiar o galego a través da confrontación co castelán é suicida para o galego, pois finalmente ese "conflito lingüístico" se resolvería sen ningún tipo de dúbida a favor do castelán por simples razóns prácticas e económicas.
Os pais, en efecto, non pintan absolutamente nada neste asunto do modelo lingüístico. Feijóo e o PP, coa bobada esa da "libertá de eleción", están abrindo unha caixa de Pandora de consecuencias imprevisibles. E a ver se nos decatamos dunha vez de que detrás de Galicia Bilingüe o que hai son sobre todo pais e nais con fillos con dificultades de aprendizaxe, rapaces incapaces de aprender en dúas linguas. O ensino en galego é para moitos destes pais a coartada perfecta para disimular ou non ver os problemas dos seus fillos. Coñezo varios casos de pais de GB aos que lles está a ocorres isto. Afirman que os seus fillos son espilidos e mesmo "brillantes" e que os seus reiterados suspensos e o seu baixo rendemento escolar é culpa do galego. Humanamente é comprensible, pero que isto chegase a converterse nun problema político de primeiro nivel é lamentable e achacable tan só aos políticos inescrupulosos do PP, empezando polo seu xefe Núñez Feijóo.
Niso si que ten toda a razón X.G.: ¿Como pretenden eses pais que os seus fillos sexan capaces de estudar algunha materia en inglés se son incapaces de estudala con proveito en galego?

Suetonio

Anonimo ha detto...

Moi certo o que dis. Todos estes que contan que os seus fillos teñen traumas por asistir a clases en galego, son os que os despois os queren meter en colexios bilingües castelán-inglés. Neste último caso non importa que se lles eduque noutra lingua distinta da que falan na casa, claro.

Anonimo ha detto...

Gloria Lago estudou nun colexio bilíngüe

premerPorqué SÍ inmersión en inglés e NON inmersión en galego?
Queda claro que só hai un motivo: o odio ao noso idioma propio.

Turmano ha detto...

Autoodio. Eis a chave deste conflito. E de moitas outras eivas de Galicia. É unha desgracia, pero é así. Solución? Se eu a tivera...

Anonimo ha detto...

O galego faz parte da alma dos galegos, e da alma da Galiza.
É necessário defender o uso e o ensino do galego na escola e na sociedade.
É uma opção política, e é uma opção da integridade humana dos galegos.

Turmano ha detto...

Contençao, amigo anónimo, contençao. Non se dispare.
Parece vostede un cura, con tanta alma a voltas.

O-SABIO ha detto...

Não entendo isso de a lingua franca, qué é uma ligua franca? De tudas maneiras aos espanhois a chulos não lhe ganha niguém e a hipócritas tampouco.Tenhem mais cara que espalda.

Anonimo ha detto...

Lingua Franca