Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 luglio 2009

HOMES INTELECTUAIS


O intelectual latinoamericano AR, lúcido analista da obra literaria e política de autores como García Márquez (tildou con acerto, ao meu xuízo, a lingua poética de Cien años de soledad como kitsch) ou Cortázar (non admitiu, e concordo con el totalmente, que un autor da súa formación cultural fose tan ignorante en materia política), escribiu no seu diario o día 29 de febreiro de 1980:
Hice esta semana que concluye dos llamadas a san Francisco, para hablar con Marta, y la encontré animada, cargada de trabajo, pero entretenida, en plena agitación del concurso al que sirve de jurado. Vuelve el domingo con Graziana. 
La casa se me ha puesto triste sin ella, desarreglada, con trastos y libros por todos lados, la cama siempre sin hacer, la comida sin interés... En este mismo momento recordé que no le había regado las plantas y fui a hacerlo. Cierto, la casa se me desintegra a pesar del esfuerzo que hago para mantenerla: la disfruto, pero es ella su ángel tutelar, es su obra y sé que la disfruta amorosamente. 
Non é a única entrada deste estilo. Na súa cabeza de esgrevio intelectual entra a política mundial, a entera historia da literatura latinoamericana, os designios minuciosos e anodinos do ensino universitario, as grandes dilemas do universo, os debates filosófico-ideolóxicos co marxismo e revolución cubana como referencias reiterativas. E, sen embargo, confésase incapaz de manter unha casa, digamos, facer unha cama, regar as prantas, fregar a louza. 
Manda carallo cos homes intelectuais (progresistas, por riba). 

5 commenti:

Neioiorquina sen solución ha detto...

Estás botando unha rede para que non che manden nin regar as plantas nin facer de comer? Pero que marabilla de cotidianeidade que traslada ao diario... Dálle humanidade. Non coma outros, que non baixan mercar o leite se se lles acaba un domingo porque son X. (ti xa sabes de quen falo)

Anonimo ha detto...

AR = Angel Rama?

Turmano ha detto...

Bueno... Suponse que do que fala non é da súa incapacidade para facelo, senón da súa desgana diante da ausencia da súa amada, do inútil de manter unha casa baleira, unha casa para un mesmo, unha casa triste, desintegrada: unha casa que se lle ven, literalmente, enriba. Supoño que é iso do que fala, de amor. Ou non, claro.
Por outro lado, a estas alturas, xa debería saber que ser intelixente non está reñido con ser un langrán, nin viceversa. Tamén parece que lle choca que un tipo cunha gran formación cultural non saiba nada dos políticos e das súas miserias (de política sabía, como sabemos todos, irremediablemente: un pode non saber como se chama o conselleiro de educación, pero si saber que se quere un ensino público de calidade e loitar por el, eis a diferencia).
Xa debería saber que hai xente cunha gran formación cultural que non sabe facer unha raiz cadrada, que non sabe o que é un xen, ou como se forma unha estrela, ou que nunca leu a Kafka.
PD: Si, xa sei: como gran formación cultural admitimos todo menos o de non ler a Kafka. Cómo somos! Fágame un post sobre o que ten que saber un tipo para ser considerado culto, a ver se vemos as eivas permitidas e as que non.

Ana Bande ha detto...

Si, pode ser amor, como di turmano...amigo Arume, así é, mais precisamos facer que non vemos, que non lemos e que non escoitamos, se non rexeitaríamos mesmo ata a Cortázar, e iso si que non. Recoñezamos pois dunha vez a absoluta miopía dos intelectuais neste eido cando menos e a partir de aí, ao mellor, avanzamos algo.
(jajajajaj...palabra de paso: parva....non sei que pensar)

SurOeste ha detto...

Ah, carallo! con el "angel del hogar" hemos topado!

A min tampouco me presta comer soa, e ultimamente tanto me ten a cama feita coma sen facer. Os libros amoréanse en calquera sitio e non teño gana máis ca de lacazanear.

Volve!!!!