Transcorren estes días de final de curso entre fichas, informes, formularios, follas de cálculo. Datos, táboas, listas porfían por entreter estas tardes longas de verán, mentres a cada minuto asalta a dúbida de se valerán ao cabo para algo. Aceptamos, con resignación, a infinita multiplicación de papeis, protocolos, aplicacións informáticas. A clave consiste en acelerar este proceso, en colocarnos en masa na voráxine de completar, encher, cumprir, os verbos deste mantra motriz. Todos, todas en todo. Sen demora, con prazos, metas, reunións sempre definitivas e concluintes. Non falta o coincidente lamento, a malsonante diatriba por esta perda miserable de tempo, pero tan axiña como cres que xa nos levantamos en armas, o colega ao teu carón entrega dilixente a súa parte, impolutamente cumprida, coma un esquirol que anula o arrebato.
Gañas me dan de mandalo todo ao mesmísimo pene. A un tris de facelo, xúrovolo.
1 commento:
A única finalidade de todo eso é telos a vostedes domados e prestos a cumprir ordes, coma na instrución militar. Tamén na "mili" todos falaban da inutilidade de todas aquelas absurdas ordes, pero tamén todo o mundo as cumplia dilixentemente.
Posta un commento