Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 luglio 2009

MÁIS LITIXIO, MENOS LITERATURA


A retórica escolar distingue tres tipos de discurso (ou genera): genus iudicialis (xudicial), genus deliberativum (forense) e genus demostrativum (epidíctico). A distinción é sinxela: o primeiro é o destinado á defensa e á acusación en contextos xudiciais; o segundo, á práctica de aconsellar ou desaconsellar en contextos asamblearios; o terceiro, á honra e pompa de circunstancias, coas funcións de louvar ou censurar, en contextos celebrativos. Os dous primeiros pretenden unha alteración da situación, mentres o terceiro pretende confirmar unha situación presuposta como constante. Os dous primeiros son pragmáticos e requiren a presencia sempre de alomenos dous oradores, mentres o terceiro non precisa de dialéctica algunha.
Este preámbulo técnico (polo que solicito licencia e desculpas) serve para afirmar que a meirande parte dos discursos, artigos, manifestos, declaracións, panfletos lidos en apoloxía da lingua galega nos xornais durante os últimos días pertence ao terceiro xénero de discurso retórico, en doses, segundo os casos, de loubanza e crítica. 
Sen embargo, o que fai falta nestes tempos é precisamente o desenrolo dos dous discursos primeiros: falta argumentario contundente para seducir ao tribunal e asamblea galega queten que emitir xuízos ou promulgar leis. Falta belixerancia, combate, litixio, e sobra lirismo, mostración, e, como din os rétores con intención aguda, literatura. 

3 commenti:

Cioara Andrei ha detto...

Foarte interesat subiectul postat de tine, m-am uitat pe blogul tau si imi place ce am vazu am sa mai revin cu siguranta.
O zi buna!

Balonga ha detto...

Iso faltou tamén nas eleccións, e agora nada será doado.A xeira pra minguar os danos e recuperar a autoestima será abonda. Mais ...

Xosé M. González ha detto...

Ao levar anos sen mirar fóra, facer análise e renovar argumentario, o discurso é obsolescente. Pero coidado: o ton e contido das últimas propostas e alegatos amosa que no fondo a carencia debía ser intuída; e aínda que a lagoa está ben baleira, non estiñou.

Porén, discrepo en extremo importante: tamén se perdera lirismo, distíngase do ouropel. Volvan emoción e sentimento que non sexa impostación. Non será descortesía que, canto a Romanticismo, exprese eu diferenza co Señor desta casa.