Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 agosto 2009

BAIXO A LÚA DA TOSCANA


Levo visitando a Toscana desde hai moito tempo. Primeiro, nunha viaxe que comprendía toda Italia, de paso, nas paradas obrigatorias en Florencia, San Gimignano e Siena. Despois, nunha estadía de vinte días hai case quince anos en Florencia, no barrio de Santa Maria della Croce, deserto durante un agosto. Anos despois, nunha pequena casa dun paesino do comune di Castiglion Fiorentino, que non debo mencionar por discreción, durante tamén case un mes, baixo o ceo estreladísimo e limpo da Valdichiana. Repetín ao ano seguinte o ángulo aretino cortonese, e probei, como dixen noutros posts deste mesmo ano, Siena en inverno por uns días e sempre que podo na máxica data do Palio. 
Agora volvo de alí coa sensación de ter disfrutado (nas mellores condicións: insuperables) da rexión máis fermosa que coñezo. Pero resulta moi difícil explicalo. Ou moi longo. Ou tamén moi inútil. Ou unha mistura de todo esto. Pero fareino durante estes días. Tentarei prescindir de afirmacións sobre a súa belleza (dada tan por suposta que ás veces unha loggia, un campanile ou unha simple pedra colocada na beira da estrada de incalculable fermosura pasan desapercibidos). De paso, falarei da Italia que coñezo (ou que me é dado coñecer, que non é moita nin suficiente), que vexo (ou que quero ver) e que trato de interpretar a duras penas. Hai material heteroxéneo, complexo, contradictorio, moito del escrito xa neses días, ao solpor, tras unha giornata sempre particolare.  
Verei de poñelo agora en limpo, en claro. Aviso que será completamente imposible.  

Nota: as fotos son do meu móbil.

6 commenti:

r.r. ha detto...

¡Veña!

Danilo ha detto...
Questo commento è stato eliminato dall'autore.
Danilo ha detto...

Descubrín algo na fotografía... ou ben fíxoa a traves dun vidrio que reflicte vagamente o seu móbil... ou ben a Toscana sufriu un ataque de móbiles xigantes entre a néboa

Anonimo ha detto...

Cuánta razón tiene Danilo, jejeje.
Ah, la Toscana, la envidia me corroe, jejeje

arume dos piñeiros ha detto...

En efecto, esa era a fiestra da nosa habitación. E iste, o comezo dun temporale de media tarde. Un espectáculo indimenticabile.
En calquera caso canto agradezo as súas indagacións minuciosas.

Danilo ha detto...

Pois eu mire por onde quedaba case máis coa segunda teoría, moito máis poética, tráxica e apocalíptica do ataque dos nokias xigantísimos...