A wikipedia proporciona información sempre útil sobre os nosos gobernantes. Pero poucos sospeitan que a lingua empregada na wikipedia pode ser determinante sobre o tipo de información presentada. Tomemos un exemplo ao chou: Alberto Núñez Feijoo, para a versión española/ Alberte Núñez Feijóo para a versión galega.
Vexamos as subtiles diferencias:
1. Para a española, ANF é un político español; para a galega, é un político galego.
2. Para a española, ANF é "galleguista y reformista"; na galega, non se indica ideoloxía.
3. Na española, ANF ten biografía (na que se inclúe a relación con Carmen Gámir); para a galega, ten traxectoria, sen datos sobre noviazgo.
4. Para a española, despois da formación (estudos de dereito en Compostela) veñen os cargos públicos con máis detalle; na galega, prefiren poñer primeiro os cargos en empresas.
5. Para a española, a etapa de ANF como director de correos supuxo "un viraje desde el servicio público monopolístico hacia la libre competencia empresarial"; na galega engádese en frase de relativo que Correos é unha "empresa pública española de envíos postais".
6. Tanto na biografía como na traxectoria, a man de Romay Beccaria é fundamental. Da man del accedeu a secretarías varias, na versión española; da man veu a entrada na alta política, na galega.
7. Na española, aparte de presidente do PPdG indícase que é un dos baróns que máis apoia a Rajoy; na galega, afírmase que é vogal electo do partido.
8. Para rematar, a española refire todos os cargos que ocupou, mentres que a galega demórase algo en explicar o seu labor de goberno para rematar cunha serie de comentarios negativos sobre a súa política lingüística, coa reproducción literal dunha frase de Avelino Pousa Antelo sobre a enquisa de xuño: "unha aberración pedagóxica e unha pallasada" e coa denuncia do BNG á UNESCO.
9. As referencias finais da española van desde o 20minutos ata La Región, pasando por EL PAÍS, La voz e o Faro; na galega, Vieiros, A nosa terra, Xornal e Galiza-Hoxe.
Faltan por ver nas outras linguas. En francés explican o seu galeguismo. En inglés e en catalán simplemente sinalan que é o actual Presidente e en ruso din (ou iso creo) que naceu en Лос Пеарес.
8 commenti:
Grazas pola información, pero en definitiva que?
Non é a língua, son os redactores.
En definitiva, aínda non hai voz. Hai que editala.
Pois edítea vostede, que se lle ve bastante ocioso como para perder o tempo nestas cousas.
Amigo erre: ten moita razón, sobre todo se miramos tamén o de Quintana. Outro día falo dise: pola versión galega sabemos que lle gustan moito os viños das adegas de monterrei.
Parecerache que está pouco "editada" tanto unha versión coma outra!
Pois que Feijoo é perigoso pola política de zoinamoinas da dereita, que perdeu o acento ortográfico, e que se callar, de noivados mellor non falar, polo menos iso din, no xornal "Vox Populi".
Estamos gobernados por funcionarios do Estao en comisión de servizos, que co tempo serán presidentes nutricios de fundacións, conferenciantes ben pagos e, sobre todo, membros de consellos de administración: xa saben, cinco mil euriños ou así por reunión.
E así se compón o mundo
inda que a xente n'o crea, etc.
Posta un commento