Caxigalines nella Reguera'l Campizu

4 marzo 2010

FUTBOLEIRO


Son fuboleiro desde que fun quen de poñer os pes no chan con certa estabilidade. O pracer de xogar (agora xa nada) sempre foi acompañado do pracer de mirar xogar, agora cada vez menos. Participo da irracionalidade de ser do Barça e, sobre todo, da de non ser do Madrid. Dos demais equipos teño querencias por afinidades selectivas. Así o Sporting, o Caudal, a Ponferradina, o As Pontes, aka Endesa, (todos eles con variable intensidade, en función dos triunfos: como pode verse, son un aficionado de pouca monta, é dicir dos piores) poden nalgún momento determinado ser motivos de interese moi ocasional. Do Celta, por telo todos os días nos xornais e por ter amigos que sufren, padecen e sangran celeste, algo máis pode atraer, pero non o suficiente ou o que se pide nestes casos. Son do Barça, avant tout e de forma case exclusiva. E iso sempre e cando a repunancia que leva aparellada a literatura épica de victorias inmortais non trascenda o propio xogo e faga diso unha metáfora ou metonimia de non sei que valores entre morais, sociais ou históricos.
A medida que nos acercamos ao verán, eu espero que este xogo marabilloso que algúns equipos practican cunha beleza comparable ao nacemento de Venus ou a unha liña dun verso de Leopardi sexa inmune ás soflamas patrioteiras e animalizantes que comezan a lerse (porque escoitar eu xa non o aturo), claramente nauseabundas.

7 commenti:

folerpa ha detto...

Volva a Leopardi e deixe o Marca , caro amico, se non vai sufir moito de aquí ao verán. Ogallá non pasen de oitavos, por que a ver quen os atura.

carrascus ha detto...

Parafraseando a Nacha Pop... y es que no hay nada mejor que imaginar... el fútbol es un placer... y es que no hay nada mejor que ver jugar... a Messi y Navas a la vez....

El fútbol no tiene porqué estar reñido con el resto de las artes, verdad, amigo Arume? Y el que no lo entienda así, no sabe lo que se pierde...

Balonga ha detto...

Fun do Barça até que hai 5 anos descubrín que no ano 74 déranlle a Medalla de ouro ao Xeneralísimo, e aínda hoxe non lla queren retirar. Que caladiño o tiñan.
As axudas arbitrais que agora recibe e a operación de especulación inmobiliaria co Miniestadi, confirman que vou polo bon camiño. Os grandes, son pequenos no coportamento.
Alén diso, as moreas de cartos que cobran, a aínda non queren pagar os impostos que lles pertencen, consonte cos seus cobros millonarios, fan que berre: xa chega!

ÁdPV ha detto...

Escribiu Valdano para a recopilación "Cuentos de fútbol":
"Este libro es un encuentro para el músculo y el pensamiento con la intención de que vayan perdiendo la desconfianza que se tienen. Un juego, el del fútbol, metido dentro de otro juego, el de la literatura".
Se queren morrer da risa recoméndolles que no volumen 1 desa escolma non se perdan o relato de Roberto Fontanarrosa titulado "19 de diciembre de 1971". Nese libro había relatos de Carlos Casares, A. Bryce Echenique, M. Delibes, M. Benedetti, B. Atxaga, E. Galeano, J. Llamazares, J. Marías, Manuel Rivas, A. Roa Bastos, J.L. Sampedro, Manuel Vicent, e outros... unha delicia.
Publicado por Alfaguara en 1995.

ÁdPV ha detto...

Non se me ocorrera procurar o relato na rede. Ei-lo aquí:

http://faculty.chicagobooth.edu/christian.broda/website/more/19%20de%20Diciembre%201971.pdf

e eu escollo o mesmo xeito para morrer.

arume dos piñeiros ha detto...

Roberto Fontanarrosa, 19 de diciembre de 1971.
Moitas gracias por esta xoia da literatura.

ÁdPV ha detto...

Alégrome que che guste. Eu choro de risa cada vez que a leo e insisto, quero morrer así.