1. A presentación sobria de Baldwin e Martin con ocasional gracia no chiste de que Cameron regalara a Bigelow un cesto con temporizador mentres esta, en correspondencia, o agasallaba cun Toyota.
2. A presencia de Streep, cun vestido branco elegantísimo. Demasiado diva, pero coa amabilidade xusta.
3. A incrible envergadura da protagonista de Precious e a seriedade permanente de Mo'nique, actriz de fama cómica.
4. O aparente cabreo de Clooney, sempre guapo aínda que cun corte de pelo un tanto estraño, os vestidos bellísimos de Kruger e Parker. As pajaritas. Ollo, amigas de Catoire.
5. A corrección correcta de Damon, a abdución de Freeman por Mandela.
6. A belleza de Theron, a tristura elegante de Winslet, os labios vermellos de Bullock.
7. A ausencia de Pitt, a pallasada de Stiller, o careto inexpresivo de Cameron, empalado polo presaxio do fracaso. A fortaleza de Bigelow.
8. O número espectacular de baile, a serie de lembranzas in memoriam.
9. Lauren Bacall. E Gordon Willis sen Allen.
10. O incrible caos de Campanella, nerviosísimo.
11. Michelle Pfeiffer e Julianne Moore xuntas.
12. A voz, o corpo, a expresión enteira do gran Jeff Bridges cubrindo por completo o Kodak Theatre.
Isto último (e Pfeiffer again) valeu por toda a ceremonia. Canto me presta mirala sempre!
3 commenti:
O gran Bridges... el Nota, tío, el Nota...
I love Jeff
Eu quedo coas dúas do apartado 11, en espceial coa grande JM
Manuel Ángel:
A miña amiga Paz Raña faloume hai pouco de ti e do teu blog, polo que decidín visitalo e quería felicitarte polo teu traballo bloguista. No tocante ao Jeff Bridges, estou dacordo co que dis: a súa expresión enteira cando gañou a estatuíña encheu por completo o teatro. Eu alégrome moito por el, xa que é un deses actores que non tiveron o recoñecemento que, na miña opinión, merecen pola calidade de toda a súa carreira. Pero ás veces faise xustiza, non si?
A verdade é que me soa o teu nome do tempo en que eu fixen Filoloxía Inglesa no CUVI, mais nunca tiven clase contigo e, aínda que supoño que nos teriamos cruzado milleiros de veces polos corredores da facultade, coido que non me coñecerás, nin eu a ti... Agora vivo nos Estados Unidos coa miña muller, Erin, e dou clase de lingua e literatura españolas no Rhodes College de Memphis, no estado de Tennessee.
Tamén eu teño dous blogs: nun deles, que se publica n'A Nosa Terra, veño de escribir un artigo precisamente sobre Crazy Heart, unha película que me encantou. O outro, titulado Guitarras de Lisboa (http://guitarrasdelisboa.blogspot.com), ten como tema central o fado, unha das miñas paixóns.
Saúdos dende Memphis,
Antón García-Fernández.
Posta un commento