Caxigalines nella Reguera'l Campizu

3 ottobre 2010

ELECCIÓNS RUIDOSAS

Non fai falta seguir ao pe da letra a metáfora da "Festa da Democracia". Votar nunhas eleccións, sexan do que sexan, é un acto cívico, un exercicio serio de decisión política. Mesmo podo entender que se lles queira dar un sesgo lúdico, lixeiro, a ese pequeno paseo ás urnas cun sobre na man. Adoita ser en domingo co que supón iso de folganza festeira.
Pero daí a convertir mesmo unhas eleccións primarias (onde poden votar non máis de dez mil persoas) no acontecemento mundial de confetti, música engaiolante, palabras ocas e demais parafernalia ao uso (por suposto costosa e gravosa para os petos non só da militancia senón de todo o mundo que paga impostos neste país) é unha grandísima irresponsabilidade se non fose un estrondoso ridículo.
Será así por estar no candelabro da vida política todos os días, para ben ou para mal, tanto ten. Seino ben: que os do markéting político son mesetarios en audacias propagandísticas. Pero esto xa resulta demasiado escandaloso.
Voten, si, pero non fagan ruido. Por favor.

[Forges hoxe en estado de especial gracia].

2 commenti:

Turmano ha detto...

E o peor de todo, se se me permite, é o tremendo esforzo por convencernos de que a vostede e a min nos vai o máis mínimo nesa liorta.

ms ha detto...

Son os medios de comunicación madrileiros os que impoñen aos demais hispanos as súas cuitas locais: catro xornais da dereita, un que xa non se sabe, e outro da esquerda.

Conten, ademais, con toda a panoplia de tedetés existentes (para ver esta merda, non facía falta o tdt), moitas delas controladas pola dereita: veo, intereconomía, la 9 (ou é la 10?), antena 3...