O recorrido a pe, clásico dun venres pola mañán de recados, trae estas observacións sobre a superficie (e algo de profundidade, non moita porque non me atrevo) da cidade de Vigo:
1. O autobús tarda máis de quince minutos.
2. A rúa Pi i Margall é unha paisaxe ruinosa. Non só polas obras de acometidas (con perdón) varias e plans E devastadores, senón pola nula actividade comercial en boa parte do treito: case todos os baixos e locais están baleiros, cando non tapiados con ladrillo.
3. Os semáforos están sendo repintados con cor Vitrasa. Non sei se iso dá mostra do gusto estético da cidade: houbo enquisa, pero non sei se rigorosa.
4. A praza da Independencia é un bosque: pouco falta para agochar os edificios. Os liquidámbares están xa case de vermello outonizo, pero as palmas de aire tropical e tronco anano penan de promiscuidade ridícula.
5. Por Camelias, a media de idade elévase de forma moi considerable. Entre as oficinas de emprego, o aire cansino do xubilado admite unha reflexión que non sae.
6. A rúa Romil está abandonada. As aceras, mínimas, son o único renovado. O resto, edificios a medio caer, os locais pechados, convida á tristeza. O recuncho do rei zentolo permite adivinar un presente que non foi.
7. A panificadora, en medio de tanto abandono, moito ten que despabilar. Aquila ruína ameaza perpetuidade. A lápida da rúa Angustias resulta premonitoria.
8. No paseo Alfonso o verdello invade a pedra recén colocada. Os edificios neogóticos só conservan fachada e pasado.
9. Os millóns empregados en rehabilitar o casco vello seguen invisibles. Conviría ampliar o concepto casco vello por Romil e Pi i Margall.
10. A curva de Elduayen dá paso a outra cidade. De edificios galantes e amplos panoramas. As aceras fermoseadas atraen a unha multitude, variada e enérxica.
11. Alúgase a casa do protagonista de Unha historia que non vou a contar. Por se hai quen.
2 commenti:
Inspirada polo punto 7.
Cando cheguei hai vinte anos a Vigo procedente de Bilbao atopei ese magnífico edificio do Patrimonio Industrial da cidade, A Panificadora. O debate sobre o seu destino case correu paralelo ao debate sobre o destino doutro espazo insigne en Bilbao, A Alhóndiga. Hoxe en día A Alhóndiga cumpre unha fermosa función no centro dunha cidade que soubo reinventarse, cousa que me encantaría ver pronto en Vigo.
http://www.alhondigabilbao.com/
Acertado, como siempre, endecálogo de diagnóstico de los desastres urbanos de Citroën-sur-mer. Te comerán a besos los de La-La-La. ¿Qué te parece redactar un decálogo, no más, de propuestas realizables? Se lo debes a tus fieles seguidores.
Posta un commento