Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 novembre 2010

BENDITO INTERNÉ


Para os que nos incorporamos con todas as armas e o que houber ao respecto ao Internet, completamente entregados a esta nova forma de vida, entusiastas case acríticos, as marabillas deste mundo son, polo visto ata o de agora, infinitas. Moitos de nós comentamos o que fariamos daquela, na nosa adolescencia ou na nosa mocidade, con estes instrumentos, que intuiamos o anticipabamos nas nosas inquedanzas. Nada do que sucedeu durante os últimos cincuenta anos, que son os que case teño eu, resulta tan decisivo e fundamental coma este mundo que compartimos nos ecráns dos nosos computadores/as. Hoxe mesmo anúnciase que un de cada catro páxinas webs consultadas nos EE.UU. é de Facebook, ese novo territorio fascinante onde vivimos tantas persoas e onde de forma entretida e sabia (aprendo todos os días cousas dos demais, fundamentais para coñecer o mundo) pasamos e desfrutamos o tempo.
Pero o que non contaba eu era co concurso das persoas maiores, que, por unha razón ou por outra, non acceden facilmente a este universo. Agora mesmo acabo de chamar a miña nai para poñerlle por teléfono unha das habaneras que formaron parte da nosa formación cultural e sentimental: a que cantabamos a tres voces (meu irmán, miña nai e eu: meu pai nunca tivo entre as súas virtudes a de cantar) durante as longas viaxes desde Ponferrada a Mieres (Payares e Manzanal mediante) nos nosos seiscentos, oitocentos cincuenta e milcatrocentostrinta: a habanera El negro, unha desas lentas e cadenciosas cancións que convidan a compartir voces e entusiasmarse coa armonía das súas notas. Aquí está el negro vendiendo flores, como azabache negro nací y fue mi suerte tan favorita que esclavo tuyo me convertí.
Poder escoitar a miña nai suliñando as notas desta fermosa melodía é unha emoción impagable. Bendito interné.

Foto: de Patty Koxo.

1 commento:

Turmano ha detto...

Hostia! Como me soa a min iso do negro vendiendo flores... E non sei de onde virá!
E bendito interné.