Veño dun congreso aurisecular na fermosa e aburrida Poitiers. Unha fervenza enxordecedora de comunicacións, plenarias, asambleas, con pouco tempo para o dolce far niente, sempre reservado para a noitiña e prolongacións de noitiñas. Os momentos divertidos comezaban sobre as oito do serán, ceibe xa do ritmo letalmente implacable das lecturas e relatorios. Os memorables quedaban para o cumio da noite, cando na praza da República quedan os amigos e un eco inesgotable de gargalladas. Non vou disimular que a min o único que me gusta destes encontros son precisamente estas paroladas enxeñosas, ocurrentes sobre calquera cousa (a máis alonxada do tema do congreso son as mellores), que uns tipos intelixentes e creativos argallan case de madrugada. Por eles paga a pena a viaxe. Para eles vai o meu saúdo de domingo liberado. Joie de vivre, mes amis.
Nessun commento:
Posta un commento