Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 settembre 2011

CATILINARIA MA NON TROPPO

Dentro da opinión pública galega abundou durante estes anos o modelo do comentarista inocuo. O que convertía sempre en artigo de enciclopedia infantil a súa visión sobre case todo. Nin arre, nin xo. Tépedo ata as cachas, administraba os seus silencios coa vontade manifesta de seguir escribindo ao día seguinte sen problemas. Moderaba as súas críticas ata facelas parecer encomios ou censuraba con aquela parsimonia sacerdotal do elixido con tales adxectivos que lograba transformar o sermón en suxerencias ou mesmo en aplauso. Faise innecesario dar nomes de tales especies mornas e prescindibles, co puntiño preciso de acomodo ao poder. 
Agora, coa crise apretando o canil, sae radical e inconformista. Desaproba case todo, revisa, con declarado pero invisible rigor, os últimos anos deste país e non mira máis ca erros, despropósitos e graves irresponsabilidades. Mentres todo iso sucedeu diante dos seus fuciños, calou, por non ver malinterpretados os seus disgustos. Non houbo reprobación ideolóxica, nin comentarios serios sobre a deriva do país: só fiou lugares comúns, cos que resultaba difícil non estar de acordo de tan insubstanciais. Así foi durante moito tempo. Agora acedan os seus comentarios, espesan a crítica con desordeada furia, dirixida nin se sabe onde. Semella nestes días o fustigador dos vicios, o representante na terra do clamor universal. A boas horas, insípido opinador.   

2 commenti:

Unknown ha detto...
Questo commento è stato eliminato da un amministratore del blog.
Tile Contractors San Rafael ha detto...

Thank you for taking the time to write this post