Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 settembre 2011

PARDO BAZÁN EN CELANOVA


Ando con textos de viaxes. Onte tocou (creo que voltará por aquí outra vez) a grandísima Pardo Bazán, na súa excursión a Celanova en setembro de 1887. Aparte das catro horas que lle leva chegar desde Ourense (tras pasar uns días antes no pazo de Benito J. Feijoo), as necesarias que adica a mirar os monumentos (con lembranza de que ten que escribir ao governo para que declare todo patrimonio nacional protexido), as destinadas á manduca, o debate sobre se poden ou non voltar porque se lles fai tarde, a soirée que se prolonga ata as dúas e media da noite (con baile e barítonos precoces incluidos), a garda trasnoitadora ata as 4 e media da madrugada para emprender o camiño de regreso a Ourense, aparte de todo esto que son xa moitos apartes, doña Emilia describe como ninguén o que ela chama a "perla muslímica" e hoxe coñécese como san Miguel de Celanova: a transcripción deste parágrafo exímeme, por espléndido, de calquera adicional comentario: 
Consta la capilla de una nave brevísima y un tabernáculo proporcionado a la nave, al cual se entra por una puerta de arco de herradura de los más acentuados y característicos. Lindos ajimeces dan luz al tabernáculo, y ante su umbral está una grada revestida de preciosos azulejos moriscos, de esos matices brillantes y metálicos que tan gratamente halagan la pupila en los grandes platos hispanoárabes que ahora se estila colgar en los comedores. Todo ello ni convidaba a orar ni siquiera a entregarse a la suave melancolía que infunden las iglesias cristianas: allí a lo sumo se podría amontonar dos o tres cojines, sentarse a lo moro, encender un perfumador y soñar con fuentes y palmeras, a lo cual incitaba bien el calor de la jornada, la fragancia de los jazmines que sombrean la losa donde santa Ilduara se arrodillaba invocando al cielo y la pereza, herencia de la raza semítica que los españoles guardamos con cariño.

2 commenti:

Paola Nefelibata ha detto...

Un tanto excesivo o de "grandísima", non cre? Ben mirado "grandísimo" é excesivo para Clarín e mesmo para Don Benito el Garbancero, que foron excelentes narradores... Pero esta señora... pois si escribía novelas entretidas e contos amenos, máis grandísima, grandísima... Coma non fose pola súa corpulencia... non lle sei eu?
Por certo o pazo de Don Benito Feijoo é o Pazo de Casdemiro. Parabéns polo seu blog.

Unknown ha detto...

網頁設計 網路行銷 關鍵字廣告 關鍵字行銷 餐飲設備 製冰機 洗碗機 咖啡機 冷凍冷藏冰箱 蒸烤箱 關島婚禮 巴里島機票 彈簧床 床墊 獨立筒床墊 乳膠床墊 床墊工廠 情趣用品 情趣用品 腳臭 長灘島 長灘島旅遊 ssd固態硬碟 外接式硬碟 記憶體 SD記憶卡 隨身碟 SD記憶卡 婚禮顧問 婚禮顧問 水晶 花蓮民宿 血糖機 血壓計 洗鼻器 熱敷墊 體脂計 化痰機 氧氣製造機 氣墊床 電動病床 ソリッドステートドライブ USB フラッシュドライブ SD シリーズ