Mentres tomaba a decisión de poñer o meu nome baixo estes posts, busquei en youtube imaxes de La luna de Bertolucci por mirar que parte da Emilia saía naquela película. Descubrín en dailymotion que volvía saír Villa Verdi coma en Novecento, así como a granxa en Gramignazo perto do Po cos seus establos de feno (7:20). Tamén vin que, despois de ver baixar polo Gianicolo a uns rapaces en monopatíns, saían as salas do cinema Adriano en Piazza Cavour en Roma, alí onde quedamos unha inesquecible noite de agosto, con Laura e Fabrizio, para tomar unha pizza e un gelato na via Cicerone. Cando remataban os poucos minutos do filme, puxen a ollada nunha recomendación da dereita: a última entrevista televisiva cun espléndido Pier Paolo Pasolini. Escoiteina con total atención e decidín proseguir cun brevísimo documental do multitudinario e caótico (por espontáneo) enterro do poeta italiano, coa voz potente de Moravia por riba das imaxes. Foron breves minutos, suficientes para non parar de mirar un deses reportaxes engaiolantes de Blue Notte que Carlo Lucarelli agasalla aos italianos para explicar a morte de Pasolini en Ostia, o 2 de novembro de 1975.
D'As cinzas de Gramsci, esta mínima lembranza:
Solo l'amare, solo il conoscere
conta: non l'aver amato,
non l'aver conosciuto. Dà angoscia
il vivere di un consumato
amore. L'anima non cresce più.
1 commento:
Grazas por lembrarse de Pier Paolo. Cada mañá levántome lembrando o seu poema "Ad alcuni radicali" e recítoo coma un mantra, para tentar errar o mínimo neste mundo que el analizou coma poucos...
Posta un commento