Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 settembre 2011

AMICI MIEI, O OUTONO


Cando chegan estes días de setembro, lembro aquela escea mítica de Amici miei, en que il Conte Mascetti, interpretado por un inigualable Ugo Tognazzi, telefonea á súa muller, que está nunha cabina telefónica, cos tenis enchoupados de auga, mentres a filla ao fondo xoga entre a neve. Unha voz en off relata a circunstancia: "Á nai e á filla chamábanas as veraneantes, porque el as mandaba xa en maio a pasar o verán á casa natal dos pais dela pero el logo non tiña os cartos necesarios para traelas dalí". 
Elas, por forza; eu, por non dar por rematado o verán, arriscando molleiras e resfriando os brazos arremangados, resistímonos ao inexorable outono.

Nota: a escea concreta comeza aos 2:22 minutos, pero escoitar ese menú toscano de pappardelle all'anatra e o spiedino di fegatini all'aretina (con finocchio, eh!) xa merece toda a pena. Que película, mamma mia!!!