Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 dicembre 2011

DEREITO Á LEDICIA E Á ESPERANZA


Hoxe foi día de tristes despedidas. Pero tamén de celebración gozosa. Mentres se alonxaba para sempre o sabio home que trasladou do islandés os versos da súa poesía contemporánea, Cristina Ferradás, querida alumna, entrañable compañeira agora de estudios, coñecía que era gañadora dun premio internacional de investigación sobre artes escénicas. 
Non o puxen neste blog antes, porque pensei que eran ledicias demasiado persoais para publicalas, pero un mes antes, tres colegas seus, Sole, Mónica, David, do mesmo doutoramento que contribuimos a crear, obtiñan dúas bolsas da Xunta e unha bolsa do Ministerio. En tempos de crise económica, acadar estes éxitos enchen o meu corazón de grandísima ledicia. Este premio agora de Cristina fai que teñan sentido os que crin ingratos sinsabores (esforzos é palabra torpe): logra desmentir a miña desilusión profunda destes dous últimos anos. Pagou a pena. Pagou a pena. E non podo non lembrarme de Rocío, que, con aires insolentes, propios da mocidade lexítima e xenerosamente ambiciosa, logrou convencerme de que non podía derrotarme, de que non podía deixar que eles/elas puideran ficar sen futuro. Por todos eles vaian estes pequenos triunfos que hoxe choro de profunda emoción.       

1 commento:

Balonga ha detto...

Pois que a ledicia, sexa expansiva, sen recortes para ninguén.
http://www.youtube.com/watch_popup?v=hN8CKwdosjE