Caxigalines nella Reguera'l Campizu

29 gennaio 2007

CLAUDIO GUILLÉN

Estiven unha vez con el: veu a Vigo a falarmos hai tempo. Lembro o seu porte de galán, elegante nos seus acenos. Viña vestido con esa compostura de profesor americano britanizado e miraba as mulleres que se acercaban a saudalo cunha mixtura de melancolía e pose seductora. Eu pensaba mentres o escoitaba falar de Petrarca (sen atender case o que dicía) no que el representaba: non só a tradición republicana que transmitían os seus ollos guillén, senón o modelo fundamental desa disciplina que poucos sabios poden cultivar sen risco de pedantería infecciosa: a literatura comparada. Ese legado segue máis que vixente e hoxe non se pode estudar literatura sen antes botarlle unha profunda ollada a un dos seus libros capitais, Entre lo uno y lo diverso. STTL, don Claudio.

6 commenti:

Anonimo ha detto...

Traslado aquí un debate doutro blog.
A quen coñece vostede Arume en Galicia, da talla intelectual de Claudio Guillén?
Jimy de Rairo

arume dos piñeiros ha detto...

E quen en Europa ou no mundo pode ter a talla intelectual (e humana, todo hai que dicilo) de Claudio Guillén? Poucos, moi poucos.

Mario ha detto...

Brindemos, que seica acaban de reeditar "Entre lo uno y lo diverso".
A pregunta de arriba é un pouco de mal gusto. A que escritor galego que tratase ao seu país co agarimo e a insumisión que o albanés Ismail Kadaré?
Que francés que chorase como Rosalía?
Cada quen ten os seu méritos, traballemos nos que nos faltan, que non son poucos.

marcos valcarcel ha detto...

Quen editou ese libro que nos recomendades con tanto interese, "Entre lo uno y lo diverso", se fan o favor?

arume dos piñeiros ha detto...

A editorial é Tusquets, aínda que estaba convencido de que era Crítica. En todo caso, EL primer siglo de oro, en Crítica, é outro libro fantástico. Tamén moi recomendable: non se pode escribir hoxendía con tanta elegancia, claridade e densidade de pensamento.

Ana Bande ha detto...

Grazas pola recomendación, moi boa. Grazas tamén polos ánimos pero temos peche para rato. A nosa universidade no canto de crear coñecemento e espectativas de futuro adícase á poda masiva e a precarización do seu persoal.