Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 gennaio 2007

XEOGRAFÍA POLITICA DE ESPAÑA

A xeografía política española está contida nun espacio reducidísimo. Agás o Parlamento e o Senado, que constitúen o taboado das representacións máis solemnes e polo tanto menos sustanciais, a vida política transcurre en contadísimos lugares de Madrid, escasamente distanciados. As salas de prensa das sedes dos partidos maioritarios (Ferraz, Xénova), coas cafeterías e bares circundantes, a Audiencia Nacional (e os bares circundantes, coincidentes cos de Xénova), un par de pubs onde liban whiskey os xornalistas pagados (de sí mesmos), os pequenos almorzos no Ritz ou no Palace cun feixe de empresarios (sempre os mesmos con distintos colares). Se trazamos unhas liñas entre todos estes lugares e sumamos as persoas que participan nestes encontros, teríamos unha vila do tamaño das Somozas ou de Vilasobroso.
En que mans estamos?

[Mapa de Madrid, 1656, do portugués Pedro Teixeira]

5 commenti:

Ana Bande ha detto...

Moi ben explicado arume, mellor non pensalo, sempre nos quedan estes espazos de liberdade ...

Anonimo ha detto...

Tan certo como que respiramos. Ademais trátase dun mundo tan pechado ou máis que o que se poda dar en calquera aldea, por moito mundo que teña esa xente.
Engadiría que unha cousa é a política, o que atinxe á polis, a análise e resolución dos problemas da respública, e outra ben distinta a corte, que atinxe aos que a forman e aos seus problemas particulares. E non deberíamos esquecelo nunca-nunca.

Anonimo ha detto...

E, por suposto, viva Madrid. As cortes non quitan o valente.

moucho branco ha detto...

inquedante, :S

QBH ha detto...

Desexo recordar a Arume que alá polo XVII Florencia non tiña mais de 70.000 almas vagando polas suas ruas. Do que se deduce que o tamaño non é o importante