Tras un prudente periodo de adaptación ao medio, chega o tempo de valorar os case dous anos do bipartito. Abro unha reflexión, que tenta dar resposta a:
1. Mudou en algo a política galega neste tempo?
2. Está ben artellada a acción política con dúas forzas no goberno?
3. Cales son as principais aportacións da nova Xunta de Galicia?
4. Cal é o(s) punto(s) feble(s) do goberno de PSOE e BNG?
5. Que podemos facer nós por este país?
Desde aquí, animo as vosas consideracións, como complemento ao debate que Marcos Valcárcel acaba de abrir no seu extraordinario blog sobre o papel do intelectual en Galicia.
NOTA: O Jano bifronte que ilustra o post non constitúe ningunha clase de comentario.
5 commenti:
Eu teño só unha palabra:
DECEPCIÓN
non lles votarei, non secuestrarán o meu voto coa ameaza da volta do PP.
O BNG perdeu o norte, se realmente o tiña, e anda ao ravo do PSOE. Incapaces de ser o que dicer ser: Nacionalistas.
Esquecíaseme son Jimy de Rairo
Jimy, sabías que no partido faise un discurso simétrico sobor dun governo títere dos nacionalistas e refén do BNG?
Nunca estivemos millor
Grazas de novo polas túas xenerosas gabanzas
Pensaba eu abrir un debate semellante no meu blog: vexo que coincidimos en moitas cousas. Quizais abres demasiados campos, demasiadas preguntas, que permitirían mesmo soster varios fíos de debate.
Pero, ben, aí vai a miña primeira opinión.
Calquera valoración da acción do goberno vai unida, a non ser que formes parte del, á recepción mediática da súa xestión. Pero os que consultamos moitos medios (dende a prensa escrita á dixital) podemos facernos xa unha idea de conxunto.
Vexo certas ideas novas en Medio Ambiente, pensadas en clave de país e de salvagarda ecolóxica, quizais porque Pachi Vázquez soubo rodearse de técnicos e asesores competentes.
Vexo tamén algúns riscos, nesta liña, en Turismo, Vivenda e todo o tema da Dependencia, a través de Vicepresidencia (aínda que con moita propaganda: venda continua de proxectos para o futuro)
En Cultura pode haber ideas novas, pero non se perciben moito e seguen afogados baixo a lousa de Gaiás. O mesmo en Medio Rural: Suárez Canal ten outra idea do que debe ser o campo galego, pero segue tamén afumado polos fumes de agosto, cunha crise mal resolta. Seguiremos opinando…
Desexo que este fío dure e dea para boas diseccións. De momento, volto de varios días fóra da rede, pola miña banda só unha achega máis ben breve.
O balance non entusiasma; ora ben, se o fixese serían unha especie de prodixio, xaora digno de estudo para proveito doutros.
Neste país acaba -hai menos de dous anos- de darse unha mudanza de réxime. Os cambios políticos e sociolóxicos que teñen que darse para que o cambio de goberno teña efecto substantivo non son cousa de dous anos; nin de catro.
Probablemente a escolla de gobernantes e xestores non fose a máis acaída. Nótase, sobre todo en determinados departamentos, a falta de experiencia política; noutros, a inexperiencia resulta inevitable, e posiblemente levará tempo corrixila.
A conexión bipartita funciona razoablemente ben. Supoño que non lles gustará aos amigos de unanimidades e partidarios da disensión cero, pero teño visto cousas ben peores; e o debate, mesmo nos medios, pode levar a mellora no exercicio do goberno.
Iso si, a decepción pode producir estragos. Hai quen ao bipartito non lle deu nin o beneficio de medio ano; hai quen ao BNG lle demanda políticas de maioría absoluta, ou pouco menos. A miña paciencia ten máis alcance.
A ver se isto lles serve para algo.
Posta un commento