Veño de comer da pizzería La Lanterna, a mellor sen dúbida de Vigo. O seu dono, Diego, de Imperia, perto de Xénova, é un experto pizzaiolo, pero transmite a súa sabiduría a un feixe de rapaces brasileiros que dominan a pizza coma ninguén. Pasa o mesmo co restaurante Casa Vella, en pleno corazón do Mercado da Pedra: o seu cociñeiro fai unha das máis sabrosas empanadas de vieiras de toda a bisbarra. Non recordo o seu nome, pero ven de Dakar a asegurar e mellorar antergas tradicións. Vai ser que imos aprendendo dos de fóra que xa son de aquí de toda a vida.
1 commento:
Ben fermoso isto da multiculturalidade, eu aínda hai pouco descobrin pola internet que a pizzeria á que ían os meus avós en Sao Paulo nos 60 segue aberta, é unha mágoa que non fagan envíos transoceánicos, porque teño ben gana de probar se segue estando tan boa como lembraban eles. Ben, mellor, fica pendente para unha visita algún ano destes.
Posta un commento