Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 gennaio 2007

VERBIGRACIA DA ESTULTICIA



Durante estas vacacións nadalescas puiden ver o film "Unha verdade inconvinte- An Inconvenient Truth". A modo de documental, segue a Al Gore no seu recorrido por todo o mundo explicando os perigos do quencemento global da terra. Nese seguemento podemos ver íntegra a súa exposición, preparada cun Powerpoint de luxo, e comprobar de forma dramática as barbaridades que cometemos (uns máis ca outros; todo hai que decilo) ao medio ambiente. Interesantísima película que amosa ao exvicepresidente e derrotado candidato demócrata cun aceno cordial e comunicativo. En todo caso, son incapaz de afirmar se todo o que alí aparece está suxeito á comprobación científica, pero desde logo resulta convincente e verosímil. Moi recomendable e de pase obrigatorio nos Institutos e demáis centros educativos como a nosa propia casa. Podedes atopar un trailer en, cómo no, you tube:


1 commento:

Raposo ha detto...

Falarónme moi ben dese film, asi que vereino en canto poda. E tes razón: deberíano poñer nos institutos, centros educativos, etc.