Caxigalines nella Reguera'l Campizu

4 febbraio 2007

PUBLICIDADE A ESGALLA

[Mencer en Vilalba, Eduardo Baamonde, 2006]
A publicidade institucional, sexa nas beiras das estradas, nas fachadas dos edificios, nos xornais, ou nos programas de radio, é escandalosa. Unha cousa é recomendar, advertir ou sinalar riscos á poboación sobre un asunto, o que podería formar parte dunha certa pedagoxía política, outra moi distinta é a de informar ou resaltar que a responsabilidade sobre unha obra ou sobre un proxecto é de quen é. Os cargos públicos ocupan ese lugar precisamente para cumplir co que lle esiximos e mandamos: por tanto, saír (exhibirse máis ben) en todos estes lugares decindo que están traballando é unha redundancia que non tería importancia de non mediar miles e miles de euros de publicidade. Sería importante que, polo menos, o goberno da Xunta de Galicia tratase de cumplir canto antes aquel fermoso párrafo do seu acordo de goberno:
"O Goberno galego promoverá unha Lei de publicidade institucional que circunscriba a actividade publicitaria dos poderes públicos galegos a fins estritos de servizo público, elimine a publicidade institucional con fins propagandísticos e garanta a adxudicación obxectiva e transparente dos contratos publicitarios da administración galega".

3 commenti:

De la Highway 61 ha detto...

Iso non vai suceder nunca. Non o verán os nosos ollos así vivamos por sempre xamais.
Precioso cadro do amigo Eduardo. Preciosísimo.

pastrana ha detto...

ou non entendo ben o ese post, benquerido arume, arrecende a demagóxico-naif. É que non sabe que o que non se comunica (publicita) non existe? Qué é este blog sinon o instrumento da publicidade dos teus pensamentos. É que ó político, que precisamente ten a obriga de dar conta da sua xestión a cidadanía -para ser reelexido, naturalmente- vaille a estar vetada a comunicación co seu corpo, electoral, claro?

arume dos piñeiros ha detto...

Canta razón levan, amic Pastrana e amic de la Highway, pero unha certa secreción das glándulas venlle moi ben ao meu corpiño, electoral, se entende.