Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 febbraio 2007

LA MEGLIO GIOVENTÙ

Sempre que podo aconsello esta película. Vina por casualidade: un premio en Cannes (un certain régard) e un éxito sen precedentes na televisión italiana, no nadal de 2003. Son 360 minutos do mellor cinema. E o film comercialízase (fatalmente) nun dvd en dúas partes. É La meglio gioventù, de Marco Tullio Giordana. Os seus actores principais, que desenvolven os papeis de dous irmáns, ficarán para sempre na memoria: Luigi Lo Cascio e Alessio Boni, aínda que a nai deles, Adriana Asti, pon os pelos de punta. A historia da Italia dos últimos vinte anos nos ollos desta familia: cine grandísimo en estado puro.

1 commento:

Mario ha detto...

Pois co que dura xa pode ser boa. Unha pena que dividisen o dvd, habendo agora tantos adiantos.