Caxigalines nella Reguera'l Campizu

27 febbraio 2007

ITALIA: TERZA PUNTATA




Na obrigada visita a Italia, tres son os lugares preferentes: Florencia, Venecia e Roma. Quedan fóra, para unha segunda vez que se programa desde que despegamos de Ciampino, outros extraordinarios lugares: Nápoles, Siena, Perugia, Lago di Garda, Milán, Sicilia, Sardegna. Non sabería dicir: son tantos. Pero, desde logo, un sobresae por riba de todos: Bologna e a Emilia-Romagna. Bologna/Boloña/Bolonia é unha cidade belísima (para mín superior á propia Florencia con quen pode competir en tamaño), cos seus quilométricos soportais, cos seus infinitos palazzi, co seu cor bermello, as súas prazas públicas cheas de estudantes, e un sinfín de librerías (Brétemas: abertas mesmo en domingo, cheas de xente, unha boa idea para alimentar a lectura). É a cidade universitaria e o berce de moitos dos políticos italianos. Fóra da cidade, que ten un ar misterioso e máxico, pode un visitar Módena, Parma, Reggio Emilia, Ravenna, Piacenza, Mantova, Florencia, Verona, a propia Ferrara da foto, situadas a non máis dunha hora de camiño por autoestradas rectilíneas por onde pasan os coches a máis de 160 por hora. Todas elas teñen unha calidade de vida abraiante, un urbanismo exemplar, un xeito de vivir (slow lle chaman os italianos na súa tendencia ao anglicismo) admirable. Goberna a sinistra desde despois da guerra, case ininterrumpidamente, co seu PCI nos primeiros tempos, agora cos Democratici di Sinistra. A gastronomía é considerada a millor de Italia polos propios italianos e a paisaxe, unha chaira interminable, neboenta en inverno e febril en verán, trae recordos inevitables de Novecento ou de tantas películas de Antonioni.
Nos xornais de Boloña sinalaban un feito curioso: medraba o número de viaxeiros e turistas españoles por aquelas zonas. A razón? Que o curioso hispánico dera por vistos os totems do turismo italiano e emprendía a ollada a estes novos lugares: as súas respostas ás enquisas das casas de información falaban de sorprendente admiración por aquela zona, descoñecida pero tan interesante coma as principais rutas do Grand Tour itálico.
[Foto: o Castello Estense e a Cattedrale de Ferrara]

3 commenti:

Mario ha detto...

Eu lembro de estudar moito a Boloña e os seus culebróns de xuristas medievais en Historia do Dereito. Sempre tiven gana de ir, e despois de ver estas as fotos, máis.

Anonimo ha detto...

Unha cidade marabillosa, como toda a rexión que a circunda. Agás Reggio Emilia, coñezo todas as cidades que cita vostede. A afluencia de turistas españois debe ter algo que ver cos vós directos a Boloña dende Barcelona, que xa levan algún tempo.

Anonimo ha detto...

Efectivamente esa do avión pode ser un motivo, pero as enquisas da oficina de información de Bologna refiren que os turistas españois son turistas de segunda ou de terceira viaxe italiana.
Amigo Leituga 1: o noso país, coa indudable melloría económica, viaxa como poucos e ademáis todos os que viaxamos algunha vez temos metido o veleno no corpo e non podemos parar. E xa vamos a lugares que antes non entraban nos circuitos. Esa era a razón que apuntaban os turistas que enchen as prazas fermosas de Bologna, un dos praceres máis grandes que pode ter un viaxeiro.