Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 febbraio 2007

ADEUS Á TINTA E O PAPEL

O editor do New York Times (onde por certo hoxe publican unha nota sobre o paso en España da Siesta á Viagra un tanto rechamante) concédelle á versión en papel do seu xornal cinco anos de vida. Sen ningunha forma de nostalxia, afirma que está encantado co xornal electrónico.
A mín gústame ler o papel con certa tranquilidade, máis por inercia e por unha inveterada tradición familiar que conservo a modo de homenaxe ca por outra razón. Pero agora son incapaz de prescindir de ler as noticias a través da pantalla do ordenador. E ademáis, cos cambios veloces cambios introducidos no diseño dos xornais de referencia resulta fascinante consultalos. A fenda dixital, neste caso pode ser maior, porque os grandes xornais cada vez son máis espectaculares e os pequenos, os locais (Faro e Voz), xa de por si reticentes, tenden a chegar tarde a estas ferramentas.

4 commenti:

Anonimo ha detto...

Divertido o artigo do NYT.
“For me, it has become impossible during the week,” he said. “I talk about sex all day long, and when I come home at 11 p.m., it is very difficult to perform.”

Soa moi frecuente o argumento

qbh

Anonimo ha detto...

Non creo na desaparición da prensa escrita. O que creo é que vai evolucionar cara a xornais de análise e de opinión da actualidade que deixaran as novas inmediatas nas mans das súas versións dixitais.
Persoalmente gusto máis do papel pero non pode negar que visito varias veces cada día 20minutos porque me achega as noticias coa mesma rapidez (e máis completas) ca radio.

torredebabel ha detto...

concordo con randeeira, penso que a prensa escrita ten longa vida e se non desapareceu coa chegada da radio ou da televisión non o fará tampouco por internet xa que a rede engade velocidade pero resta calidade informativa. Ainda hoxe, coas ferramentas que se poden atopar online, seguimos sabendo mais das cousas ao día siguinte (ás veces, moitos días despois) nos xornais.

X ha detto...

Chegan máis tarde e dunha maneira un tanto máis cutre.