A noticia do Faro de Vigo hoxe sobre as visitas ao MARCO, máis numerosas cás do CGAC, pode pasar por afirmación de orgullo localista, pero pode tamén alertar sobre o éxito da Cidade da Cultura. Non asombra que unhas 75.000 persoas visiten o MARCO nunha cidade de 300.000 habitantes e outros tantos nas bisbarras máis ou menos lonxanas. O que parece máis raro é que haxa 55.000 que vaian ata Bonaval ver o CGAC santiagués tendo en toda circunscripción compostelana non máis alá de 150.000 habitantes. Con esta obviedade estadística, cánta xente pode ir ver, agás expectación inicial, a Cidade da Cultura? Santiago queda no medio de Galicia (outra obviedade), pero non sei se poderá atraer a súa forza centrípeta as forzas decididamente centrífugas de Galicia, cara á Coruña e cara ás Rías Baixas. Bugallo (Sánchez) fai esforzos sobrehumáns para explicalo e xustificalo: vaille rentar en Santiago, pero fóra do Castiñeiriño, san Lázaro ou a Rocha poucos poden darlle creto.
[Emotor, Tim Hawkinson, 2000]
1 commento:
Por outra banda está o dato de que Compostela ten bastante máis habitantes que os censados. Están os estudantes (cada vez menos) e tamén parte dos que viven en Ames e o extrarradio pero teñen a cidade como referencia. Polo demais o da Cidade da Cultura será cuestión de marketing, como todo. Algo no que, de momento, andan bastante mal.
Posta un commento