Caxigalines nella Reguera'l Campizu

27 febbraio 2007

A FERRARA HEBRAICA

No guetto de Ferrara atopo esta lápida. Estou lendo agora, lonxe daquela terra de ladrillos bermellos, a prosa lenta e pausada de O xardín dos Finzi-Contini de Giorgio Bassani. A historia dos hebreos errantes, neste lugar de néboa e beleza profunda que asolaga o Po, onde figura unha pedra en memoria de cada un dos caidos unha noite de decembro do 43.

2 commenti:

Leituga 1 ha detto...

Está lendo vostede unha das novelas que máis me gustaron en toda a miña vida, amigo Arume.
Esa placa é conmovedora. Como a outra, que vostede coñecerá, coa lista dos xudeos mortos polos "nazifascisti", tamén alí, na pequena, fermosa, ciclista e para sempre triste Ferrara.

arume dos piñeiros ha detto...

A fiestra de atrás do albergo onde estivemos daba para a amplia arboreda do cemiterio hebraico que estaba pechado para as visitas. A presencia dos xudeus en Ferrara é máis que evidente: é a esencia mesma de Ferrara.